O Concello de Rábade celebrará unha 'Andaina pola Igualdade' o vindeiro 8 de marzo con motivo do Día Internacinal da Muller con saída da Praza do Concello ás 11:00 horas.
Convidan a asistir caracterizadas como a icona feminista Rosie 'A Remachadora' recollendo o lazo no Concello.
Tamén con motivo do 8M, o día 15 de marzo ás 20:30 horas haberá unha actuación do grupo de fanfarria 'Brassica Rapa' polas rúas da vila.
martes, 6 de febrero de 2024
O Goberno local do Concello de Rábade vén de aprobar os Orzamentos para este ano 2024, que ascenden a 2.989.000 euros, un incremento de preto de 800.000 euros con respecto aos do ano anterior. As Contas contaron co voto a favor do equipo de Goberno e co do PSOE e coa abstención de Independentes por Rábade.
Investimentos reais
En concreto, destínase máis dun millón de euros a investimentos reais, nos que se inclúen dúas importantes obras, como son a da reforma do antigo Cine Man e a mellora do campo de fútbol Catro Ventos.
O Goberno local fai un esforzo "moi importante" para impulsar e reforzar os servizos a persoas maiores e persoas dependentes nos domicilios incrementando a partida que se viña destinando á axuda no fogar.
Ao mesmo tempo, auméntase nun 140% o presuposto destinado ao servizo de limpeza viaria e recollida de residuos. "É unha aposta forte e un compromiso do equipo de Goberno que adquirimos cos veciños e veciñas para ter un servizo de maior calidade", precisa a rexedora Remedios González.
Tamén se recolle un incremento no capítulo de persoal coa creación de dous novos postos de traballo de administración; un de persoal contable e outro que se encargará do padrón municipal, entre outras tarefas.
Sobe ademais a partida de impostos indirectos ao contar coa liquidación de obra da nova urbanización de Vilar de Seo e da instalación no polígono de novas empresas.
A alcaldesa explica que se trata dunhas contas "realistas" nas que se priorizaron aqueles asuntos que máis preocupan aos veciños e veciñas, como son o gasto nas persoas e o aspecto que presenta a vila, que xa se está a ver mellorado.
viernes, 2 de febrero de 2024
domingo, 28 de enero de 2024
miércoles, 24 de enero de 2024
O Concello de Rábade colabora coa agrupación folclórica Axeigo na celebración da Axeigada, a primeira foliada da primavera, que vai ter lugar na localidade o día 9 de marzo. Na organización deste evento participan ademais Café; 22, Cervecería Ágora e A Cantina e colabora a Asociación Cultural Fillos do Chaira.
A xornada comprende obradoiros, cantos de taberna polos locais participantes, así como unha foliada aberta para poñer fin á festa.
En concreto, o programa comeza ás 17:30 horas con dous obradoiros, un deles de Baile foliadeiro con Xabi Iglesias (10 euros) e outro de afinación e empalletado con Pepe Vaamonde (20 euros). As persoas interesadas en inscribirse poden chamar ao 634 83 52 88 ou enviar un correo a aoxeitogalego@gmail.com.
Ás 19:00 horas darán comezo os Cantos de Taberna nos que participan cinco grupos: Airiños da Fonda, Estoupacaldeiros, Son Outeiro, Son de Lugh e Os do 13.
A actividade volve ao Centro Sociocultural ás 22:00 horas onde haberá; unha degustación de petiscos, seguida do concerto de Paracetafolk ás 22:30 horas e foliada aberta a partir das 23:30 horas.
O Goberno local do Concello de Rábade agradece ao grupo local Axeigo a súa implicación para levar a cabo esta primeira foliada da primavera que agardan "sexa un éxito e poida ter continuidade", destaca a rexedora, Reme González.
¿Que paréceche o novo portal do Concello?