Fondo cabecera Concello de Rábade

Saúdo do Alcalde

Francisco Xosé Fernández Montes

Froito da vontade que o Concello de Rábade ten de non se quedar atrás na idade das comunicacións presentámo-la nosa páxina web que intentará, principalmente, conseguir dous obxectivos:

  • O primeiro obxectivo é o de levar un cacho da nosa vila a tódolos que nos coñecen, nos queren e formamos parte deles e da súa historia.
  • Un segundo obxectivo é o de dar a coñece-la realidade deste Concello e promove-lo seu desenvolvemento turístico e de ocio.

Agardamos todo tipo de suxestións para mellora-la páxina web e queremos que entre tódolos que amamos Rábade poidamos aproveita-las facilidades que a ciencia nos dá para que dende calquera recuncho da terra se poida contactar coa realidade que os que témo-la sorte de estar aquí estamos a vivir.

Como representante de tódolos rabadenses deséxolles a tódolos visitantes da nosa páxina un saúdo agarimoso, agardando que nos premien cunha visita física, que nunca pode ser substituída por unha visita virtual.

Francisco Xosé Fernández Montes

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es