Fondo cabecera Concello de Rábade

Historia Contemporánea (S. XX)

En 1925 nace o Concello Independente de Rábade. Por tal motivo celébranse varios actos conmemorativos ós que acoden autoridades destacadas tal e como recolle a prensa contemporánea.

En 1927 organízaselles unha homenaxe ós superviventes da Guerra de África que residen na localidade.

En 1929 visita Rábade o presidente do Consello de Ministros, o xeneral Primo de Rivera.

En 1931, ano no que se instaura a 2ª República, cédeselle ó Concello de Rábade a antiga casa da portaxe para que se instalen nela as dependencias municipais.

Rábade participa en 1932 na Asemblea de Concellos de Galicia que se reúne en Santiago para propoñe-lo Estatuto Autonómico.
En 1935 Rábade recibe o título de Vila por decreto do Ministerio da Gobernación.

Trala Guerra Civil (1936¿1939) e durante os anos 40 e 50, Rábade xa é considerado o Concello máis comercial e industrial da provincia de Lugo. Feito que o beneficiou para recibir subministros de maneira máis asidua. Durante estas décadas o Concello adquire o tradicional campo da feira. O Goberno Militar instala en Rábade o Parque Central de Enxeñeiros. O Tribunal Titelar de Menores establece unha Casa de Titela. E inaugúrase a pasarela peonil da estación.

Nos anos 60 mellórase o equipamento educativo e deportivo do Concello, este intégrase nunha mancomunidade turística e continúan mellorándose os servizos e infraestruturas da vila. De feito, en 1968 e de cara ó Plan de Desenvolvemento Económico e Social, Rábade é cualificado como "núcleo de atracción nunha zona de influencia máis extensa".

Nos anos 70 prodúcese a desafectación de monte comunal para crear un polígono industrial. En 1973 Rábade é declarado zona urbana polos Servizos de Valoración Urbana de Facenda.
Nos anos 80 a Corporación certifica o seu apoio á autonomía galega.

Nos plans de comarcalización dos anos 90 Rábade defínese como "un Concello sen sector primario practicamente, cunha estratéxica situación que define a importancia dos seus sectores secundario e terciario, dos que se nutre parte da zona rural dos concellos limítrofes. A súa carencia son os servizos administrativos a pesar do alto nivel de renda por habitante da localidade, o que vén determinado pola reducida poboación".

Hoxe por hoxe o Concello ábrese a novos proxectos, incluídos os de tipo cultural e ecolóxico.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es