O Concello de Rábade no seu empeño por mellora-los servizos que lles ofrece ós seus veciñ@s, creou unha Oficina Municipal de Voluntariado e Xuventude con sede no propio edificio do concello.
Con esta iniciativa pretendemos poñer en marcha un plan de voluntariado, que sirva para fomenta-la participación de tódol@s cidadáns nas actividades que se organicen dende os distintos departamentos.
Crear unha cultura de solidariedade entre todos nós é un dos principais obxectivos que nos marcamos con esta iniciativa.
Para que os nosos nenos medren con espírito solidario e participativo é preciso que herden estes valores dos seus maiores. Por iso, animamos a todos aqueles que superen os dezaoito anos de idade a contribuír, na medida que un poida, á construción dun Concello de veciños e veciñas comprometidos.
Agardamos que esta iniciativa sexa do agrado de tod@s e que este agrado se reflicta nun incremento do número de voluntarios, para que non teñan que ser de fóra os voluntarios do noso Concello.