Fondo cabecera Concello de Rábade

Servizo de Prevención de Drogas

Servizo de prevención de drogodependencias

No ano 1986 creouse o Plan Autonómico Sobre Drogodependencias de Galicia coa finalidade de ofrecer unha resposta global e coordinada ás problemáticas relacionadas coas drogodependencias. A partir desta iniciativa potenciouse a creación de recursos que facilitasen o cumprimento de tan ambiciosa finalidade, entre os que constan os Servizos de Prevención de Drogodependencias presentes a nivel autonómico nun total de 118 concellos. O Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade, comezou a funcionar en xullo de 2008.

Se queres coñecer como funciona este servizo visita a súa web en www.prevenciondedrogas.es.

¿POR QUE É NECESARIO ESTE SERVIZO?

O consumo de drogas é considerado como unha das problemáticas sociosanitarias máis ameazantes e poderosas que afecta ós cidadáns a nivel mundial. Neste senso, estudios realizados dende o Plan Nacional sobre Drogas constatan realidades pouco favorecedoras: as idades de inicio no consumo de drogas son cada vez máis temperás, a percepción de risco fronte o seu consumo preséntase cada vez menor e a de dispoñibilidade aumenta. Así, o Servizo de Prevención de Drogodependencias de carácter de agrupación dos Concellos de Rábade, Outeiro de Rei e Begonte, constituíndose o primeiro deles como sede, confórmase como un recurso dirixido a desenvolver actuacións encamiñadas a catro obxectivos xerais:

Informar e sensibilizar aos cidadáns en materia de drogodependencias.
Atrasar a idade de inicio no consumo de drogas
Educar en estilos de vida saudables, constructivos e críticos
Fomentar a colaboración entre o Servizo de Prevención de Drogas e a comunidade dos tres concellos.

A sociedade na que vivimos comprende un complexo sistema de variables persoais, familiares, sociais, culturais, económicos... que crean unha realidade única obxecto de influencias positivas e negativas que nos son dadas a través da socialización. A labor a desenvolver polo Servizo de Prevención de Drogodependencias diríxese aos diferentes ámbitos presentes nesta realidade (educativo, familiar, comunitario, sanitario, asociativo e laboral) baixo actuacións especializadas orientadas aos diferentes niveis de prevención: universal, selectiva e indicada.

O programa tenta establecer, mediante actuacións sistemáticas, unha rede sólida e interrelacionada coas diferentes iniciativas promovidas dende outros servizos e entidades dos tres concellos. As liñas de actuación promoverán a consolidación dun vínculo de colaboración profesional entre os centros escolares e o propio Servizo a fin de integrar a prevención de drogas no contexto educativo. Tamén se fará fincapé na promoción de redes coas familias, sendo estas un dos piares fundamentais na conformación da personalidade dos menores. Por outra banda, tamén se incidirá no medio comunitario a través de actuacións sistemáticas, transversais e continuas que tentarán acercar a tódolos cidadáns coñecementos e habilidades para a prevención das drogodependencias.

CONTACTO E HORARIO

O Servizo de Prevención de Drogodependencias terá un horario de atención á comunidade continuo e flexible. Poderase establecer citas coa Técnica do Servizo a través do teléfono 982.390.062 ou da conta de correo prevenciondrogas@rabade.org. Así mesmo, os horarios prefixados nos tres concellos serán:

Concello de Rábade:
Teléfono: 982.390.062
Martes a Xoves de 9 a 14:00 horas
Luns e Venres de 9 a 11:15 horas

Concello de Outeiro de Rei:
Teléfono: 982.393.281
Luns de 11:30 a 14:30

Concello de Begonte:
Teléfono: 982.396.143
Venres de 11:30 a 14:30

Enlaces adicionais

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es