INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO
A través deste programa facilítaselles ás persoas, e á comunidade en xeral, o coñecemento e acceso ós servizos sociais, nunha situación de axuda profesional que
garante unha resposta axeitada en situacións de necesidade.
Este programa supón a primeira canle de acceso do usuario ós servizos sociais e tamén, unha vez diagnosticada a situación, ós servizos sociais especializados se fose o caso.
PROGRAMA DE INSERCIÓN SOCIAL
Neste programa enmárcanse tódolos procesos de intervención social que, co obxecto
último mellora-lo benestar e a calidade de vida das persoas ou grupos, actúa sobre factores asociados á orixe das distintas problemáticas ou necesidades sociais,
desenvolvendo actuacións concretas para evita-la súa aparición ou agravamento.
PROGRAMA DE ANIMACIÓN, PREVENCIÓN E COOPERACIÓN
SOCIAL
Neste programa enmárcanse tódalas actuacións dirixidas a unha dinamización da vida social, cultural e de ocio. Preténdese fomentar unha cultura de participación social, así como as actuacións e proxectos de prevención dirixidos a individuos, grupos ou á comunidade en xeral.
CONVIVENCIA ALTERNATIVA
Este programa recolle tódalas actuacións que se realizan dende os servizos sociais para conseguir que o individuo en situación de necesidade conte cun marco estable para o desenvolvemento da convivencia.
PROGRAMA DE AXUDA A DOMICILIO
Trátase dun servizo polivalente dirixido a tódalas persoas que se atopen en situación persoal ou familiar desfavorecida por insuficiencia de recursos familiares, económicos ou sociais e que precisen dunha intervención para consegui-la súa normalización e desenvolvemento no seu fogar e no seu medio habitual de vida.
Os servizos que se ofrecen son:
PERSOAIS OU DOMÉSTICOS:
- Alimentación.
- Limpeza da roupa.
- Limpeza doméstica.
- Xestións.
- Coidados persoais.
- As tarefas especificadas en cada caso polos Servizos Sociais de Atención Primaria.
- Na actualidade o servizo está atendido por unha auxiliar do fogar contratada a xornada completa. Nunha media anual son atendidas once familias
Este programa está normalizado por un regulamento e unha ordenanza municipal, aprobados o 14 de febreiro de 2004.