INCLUSIÓN SOCIAL
Dentro desta área de actuación trabállase con individuos, familias ou grupos en situación de risco de exclusión social, confluíndo case sempre unha ou varias problemáticas de diversa índole.
Resulta de especial importancia o traballo con recursos de tódalas administracións públicas e mesmo con recursos propios. En moitos casos é imprescindible a coordinación con outros sistemas públicos de protección.
FAMILIA, INFANCIA E MOCIDADE
Dende o Concello trabállase nesta área utilizando recursos de tódalas administracións, e tamén con recursos propios.
MAIORES
Este sector de poboación é o maior demandante de servicios e recursos, dado que moitos dos individuos teñen algún grado de dependencia.
No noso Concello a poboación maior de sesenta anos, representa o 33% da poboación total, o que supón exactamente unha terceira parte. Por este motivo debese facer un especial fincapé nos programas e recursos dirixidos ós maiores.
DROGODEPENDENCIAS
Dende os servicios sociais de atención primaria abordase o problema das drogodependencias potenciando os recursos persoais do individuo, e tamén a nivel familiar e comunitario.