Fondo cabecera Concello de Rábade

Axencia Local de Emprego

¿QUE É?

A Axencia Local de Emprego de Rábade é un departamento/servizo público do Excmo. Concello. Foi creado pola Corporación Municipal en colaboración e cofinanciado coa antiga Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, na actualidade Consellería de Traballo.

Esta axencia está en funcionamento desde o 29 de decembro de 1999, coa vontade e compromiso de "proporciona-las condicións axeitadas para a dinamización e a potenciación do desenvolvemento socioeconómico, así como o fomento do emprego no municipio". Para desenvolver estas tarefa conta cos servizos dunha técnica que xestiona directamente os temas relativos á promoción económica e fomento do emprego na localidade.

A Axencia Local de Emprego está situada nas dependencias municipais. O horario de atención ó público é de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Obxectivo principal

Ofrecerlles gratuitamente servizos ás empresas, fomentando e apoiando novas iniciativas empresariais.

Quen pode ser usuario da A.L.E.?

  • Empresarios/as en xeral (comerciantes, hostaleiros, industriais, etc.).
  • Colectivos empresariais
  • Emprendedores/as.
  • Desempregados/as.
  • Estudantes
  • Calquera persoa en xeral que estea interesada e resida en Rábade e/ou que desenvolvan ou vaia desenvolver unha actividade no municipio.

Servizos que ofrece

ÁREA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA:

  • Promoción e potenciación de empresas en Rábade.
  • Orientación sobre os trámites para a posta en marcha de empresas e acompañamento técnico.
  • Elaboración de proxectos de viabilidade.
  • Información e tramitación de axudas e subvencións (para a creación de empresas, inversións, contratación de traballadores, etc.).
  • Dinamización do tecido comercial, industrial e de servizos locais.

ÁREA DE FORMACIÓN EMPRESARIAL:

  • Xestión e promoción de cursos de formación continua (para empresarios e traballadores: Xestión da Empresa Comercial, Informática de Xestión, etc.).
  • Organización de charlas informativas sobre temas de interese empresarial.

ÁREA DE FOMENTO DO EMPREGO:

  • Orientación para a inserción socio-laboral: asesoramento personalizado para a busca activa de emprego.
  • Formación: organización e información sobre actividades formativas (cursos de formación ocupacional, charlas informativas).
  • Fomento de iniciativas locais de emprego.
    Promoción do autoemprego e da economía social.
  • Bolsa de traballo local: Xestión de demandas e ofertas de emprego.

ÁREA DE XESTIÓN DE PROXECTOS:

Captación de fondos públicos (subvencións e axudas) para a realización de inversións en Rábade (infraestruturas, equipamentos, servizos, actividades, etc.).

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: rabade@rabade.org