Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

CAMPAMENTOS DE VERÁN

O Concello de Rábade dentro da programación ¿Móvete en verán¿ organiza como tódolos anos dous Campamentos Urbanos, un MULTIAVENTURAS en Viveiro e un Campus de Patinaxe, para os neno@s entre 4 e 15 anos e teñen como obxectivos a socialización dos nen@s, adquirir hábitos saudables, respetar a natureza e o medio no que vivimos e conciliar a vida familiar e laboral.

CAMPUS DE PATINAXE

O Campus terá lugar a semana do 23 ao 27 de xuño no pavillón municipal de 9:00h a 14:00h e os nen@s farán:
o Adestramentos de técnica de patinaxe e multideporte a patíns
o Xogos tradicionais e
o Xogos con material alternativo

CAMPAMENTOS URBANOS

O concello organiza dous Campamentos Urbanos, un para nen@s de 4 a 7 anos e outro para nen@s de 9 a 12 anos. O campamento para os máis pequenos terá lugar do 30 de maio ao 4 de xullo e para os máis maiores ten lugar na semana do 7 ao 11 de xullo.

Nestes campamentos os nen@s fan: xogos de presentación , polideportivos e de animación, obradoiros, unha revista, unha montaxe, piragüismo, irán á piscina ,ó Aquapark de Cerceda, á praia de Pontedeume, o Clube Fluvial e tamén preparan unha función para ser representada o derradeiro día diante dos pais/nais.

Nestes campamentos participan 50 nen@s e trátase de que se divirtan e disfruten coas diversas actividades que se programan.

FIN DE SEMANA MULTIAVENTURAS

Esta actividade terá lugar en Viveiro os días 27, 28 e 29 de xuño. Este campamento está adicado a nen@s de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
As actividades que realizarán serán:
-Actividades con corda (Escalada, Tirolina)
-Rutas de sendeirismo
-Tiro con arco
-Orientación
-Ruta fluvial en Kayaks
-Paintball e
-Xogos na praia, Kayaks e Tablas SUP.

As prazas en tódolos campamentos son limitadas e as inscricións, por rigurosa orde de inscrición, comezarán o día 2 de maio de 9:00 a 14:00h no Departamento de Cultura e Deporte do Concello.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es