Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

XII MEMORIAL "EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN"

RÁBADE - 24 DE XANEIRO DE 2015 - 16:30 HORAS

XII MEMORIAL

EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN

Naceu no 1936. Iniciouse no atletismo coa carreira de cross.
Faleceu o 7 de maio de 2003 na súa vila natal de Rábade.
Toda a súa carreira deportiva, estivo vinculada ó San Fernando de Lugo. Foi un dos
fundadores da Sociedade Atlética Rabadense.
En 1957.Campión provincial na categoría rural.
Campión provincial absoluto de campo a través, nos anos 1962, 1964 e 1965 en Lugo.
En 1967. Vencedor novamente do provincial de cross, e do trofeo ¿José Antonio Elola¿
na vila de Rábade
En 1959. O ¿ I Campionato de España de Segunda Categoría¿ celebrado en Madrid, nas
pistas da cidade universitaria, o atleta de Rábade, deu ó deporte lucense unha gran alegría ó
reflectir un crono de 9 mi 37 sg nos 3000 metros obstáculos, sendo en aquel ano 1959, a quinta mellor marca nacional absoluta do ano.
No Campionato Nacional de Clubs de Segunda Categoría, celebrados en Madrid, os días 1
e 2 de setembro de 1962, triunfou por equipos o San Fernando de Lugo.
Gran xesta de Eduardo Fernández, onde gañou os 3000 metros obstáculos, e foi segundo
nos 10.000 metros lisos.
Sorprendente, por inesperada, foi a victoria do San Fernando de Lugo ascendendo a 1ª
división.

REGULAMENTO

Art. 1.- A saída na Praza de España ás 16:30 h para os rapaces e as 17:00 h para a
categoría absoluta e a chegada situarase na mesma praza.
A recollida de dorsais será na mesma praza de 15:30 h a 16:50 h.
Art. 2.- O percorrido será de 7 Quilómetros e descorrerá dando dúas voltas a través das seguintes rúas: Praza de España, Alcalde Ángel Penas, Lope de Vega, Jesús Arias, Santa Mería, Gabriela Nieto, Dr. Fleming, Avenida Galicia, Rosalía de Castro, Rúa do Ferrocarril, Avenida de Galicia, Fernando Arias e Praza de España.
Art. 3.- A clasificación será absoluta masculina, absoluta feminina e por categorías.
Art. 4.- Está prohibido o uso de vehículos de axuda.
Art. 5.-O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade ou chegue á
meta sen o seu dorsal será descalificado.
Art. 6.- As inscricións da categoría de rapaces formalizaranse a partir do 2 de xaneiro , de 10 a 14 horas no Concello, teléfono: 982 390 062, fax: 982 390 411 ou en asociocultural@rabade.org. Peche de inscricións xoves 22 de xaneiro ás 14:00 h.
As inscricións para a categoría adulta realizaranse a partir do 2 de xaneiro e ata o xoves 22 de xaneiro na páxina web: www.championchipnorte.com.
Art. 7.- Na proba absoluta será obligatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización excepto para os propietarios do chip amarelo que poden utiliza-lo seu.
Art. 8.- Establécense as seguintes categorías:
CARREIRAS DE RAPACES:
CATEGORÍA MINI: Nad@s en anos posteriores o 2010 (non competitiva) 80 metros
CATEGORÍA A: 2007-2010 (Primeira carreira). 600 metros
CATEGORÍA B: 2003-2006(Segunda carreira).1.200 metros
CATEGORÍA C:1999- 2002 ( Terceira carreira). 1.800 metros
HOMES MULLERES
D) Nados entre 1980/ 1998 D) Nadas entre 1980/ 1998
E) Nados entre 1970/ 1979 E) Nadas entre 1970/ 1979
F) Nados no 1969 e anteriores F) Nadas no 1969 e anteriores
Art. 9.- PREMIOS.
CLASIFICACIÓN ABSOLUTA MASCULINA CLASIFICACIÓN ABSOLUTA FEMININA
1....................................350 € 1 ...................................... 350 €
2....................................250 € 2 ...................................... 250 €
3....................................150 € 3 ...................................... 150 €

CLASIFICACIÓN CARREIRAS DE RAPACES
VALE de 50 € para o primeir@ de cada categoría a canxear en Deportes Élide (Lugo)
Trofeo @s tres primeir@s clasificad@s de cada categoría
Haberá un agasallo para tódolos participantes
Art. 10.- Dado o carácter popular da proba non se admitirán reclamacións
Art. 11.-Haberá servizo de duchas para @s participantes que o desexen no Pavillón Municipal.
Art. 12.- A entrega de premios e trofeos realizarase ó remate da carreira.
Art. 13.- A comisión organizadora non se fai responsable dos danos morais ou materiais que así mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou cousas, sen perxuicio dos dereitos que lles puideran corresponder ante a compañía aseguradora correspondente.
Art. 14.- Tódolos participantes, polo feito de toma-la saída, aceptan o presente regulamento. No caso de dúbida prevalecerá sempre o criterio da organización.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es