Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS ORGANIZA UN CURSO DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA

QUERES DEIXAR DE FUMAR?
TERPIA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA 2015

O Servizo de prevención de drogodependencias da agrupación de concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade informa da próxima edición da Terapia de Deshabituación Tabáquica 2015 destinada a toda a veciñanza dos concellos agrupados que desexen abandonar a adición ó tabaco.
O Programa de deshabituación tabáquica, completamente gratuíto, desenvolverase nos meses de marzo e abril nunha sesión semanal durante 7 semanas consecutivas, nas que os participantes aprenderán a vivir sen tabaco có apoio profesional da psicóloga Rosa Marina Zas Castro, da AECC.
O lugar e hora de desenvolvemento do programa fixarase en función das persoas interesadas en cada concello. As inscricións recolleranse nos concellos da agrupación, para máis información www.prevenciondedrogas.es ou prevenciondrogas@rabade.org.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es