Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

8º CERTAME DE PINTURA RÁPIDA

O Concello organiza un ano máis o 8º Certame de Pintura Rápida o domingo 14 de xuño.
pintura 2015

8º CERTAME DE PINTURA RÁPIDA

RÁBADE

14 de xuño de 2015

BASES CONCURSO

1. Concurso aberto a tódolos/as artistas que desexen participar
2. O concurso terá lugar ó domingo 14 de xuño dende as 9:00h da mañá, ata as 17 h da tarde.
3. A inscrición e selado das teas realizarase no Concello de Rábade dende as 9:00h ata as 10:00h. Selarase en branco ou preparadas cunha cor uniforme
4. Só se admitirá unha obra por artista. O artista poderá escoller a modalidade e estilo de pintura que desexe
5. TEMA: ¿Estampas de Rábade¿
6. Tódalas obras deberán levar un título e as obras premiadas deberán estar firmadas polo autor/a.
7. As obras terán unhas dimensións mínimas de 50x50cm e máximas de 150 x 150 cm
8. A entrega das obras será posible ata as 17:00 h no mesmo lugar onde se selaron ( no Concello)
9. O xurado estará composto por personalidades relacionadas co mundo das artes e representantes municipais, e a súa decisión será inapelable.
10. A partir das 17:00 h quedará aberta ó público no lugar da recepción, a exposición dos cadros realizados polos/as artistas participantes.
11. Ás 18:00 h outorgaranse os premios do 8º concurso de Pintura Rápida no Salón de Plenos do Concello, que os gañadores deberán recoller persoalmente.
12. As obras premiadas quedarán en propiedade dos patrocinadores ( O 1º premio será propiedade do Concello de Rábade); as obras premiadas con accesit quedarán en propiedade do autor.
13. Dende o 15 ao 30 de xuño, tódalas obras premiadas, e as de aqueles/as artistas que o desexen, previa taxación do autor será expostas no Concello.
14. As obras non premiadas deberán ser retiradas antes do 3 de xullo. De non cumprir este requisito, quedarán a dispor do Concello.
15. Tódolos inscritos no concurso deberán presentar o cadro (finalizado ou non), no estado en que se atope no Concello. Se o cadro non fora entregado, sería vetada a súa presenza para o vindeiro ano.
16. A organización non se responsabiliza das perdas ou danos que puideran sufrir as obras.
17. A organización reservase o dereito de alterar ou decidir en calquera caso, todo aquel aspecto non previsto nestas bases.
18. A participación neste concurso implica a aceptación total das presentes bases.

PREMIOS

1º premio.*1100 €
2º premio. 700 € patrocinado por Supermercados LA TOMEA.
3º premio. 500 € patrocinado por Restaurante EL ALMACEN.
4º premio. 400 € patrocinado por Floristerías LUIS IGLESIAS.

Tres accesit de 60 Euros cada un. As obras premiadas con accesit quedarán en propiedade do Autor.


*Cantidade á que se lle aplicará a retención que estipule o Regulamento do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas vixente nol momento do outorgamento do premio.

Tódolos/as participantes no concurso serán convidados a comer.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es