Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2015/16

Dende o concello, un ano máis iniciamos as Escolas Deportivas para este curso 2015/16 co obxectivo de impulsar a práctica do deporte e fomentar a socialización e as relacións entre os nen@s tan importante nestas idades.
Conscentes delo, tentaremos que o presente ano supoña un revulsivo definitivo para estas Escolas, que xa contan cunha importante tradición e prestixio no ámbito provincial, para elo contamos cun incremento do persoal colaborador, así como coa colaboración de Entidades públicas e privadas que nos permitirán ofertar melloras sustanciais.
Agardamos que todo este esforzo redunde no benestar dos nosos nen@s e consecuentemente das súas familias.

Este ano nas Escolas Deportivas ofértanse os seguintes deportes, esperando que sexan do agrado de tod@s:

Fútbol-Sala
Ximnasia Rítmica
Tenis de Mesa
Xadrez
Taekwondo
Atletismo
Baloncesto
Tenis
Loita libre
Patinaxe
Balonmán
Zumba Infantil
Voleibol

Este ano como novidade ofértanse BALONCESTO e VOLEIBOL.
As actividades deportivas levaranse a cabo sempre que haxa un número mínimo de participantes.

As inscricións pódense facer no Departamento de Cultura e Deporte do Concello en horario de 9:00h a 14:00h dende o día 1 ao 25 de setembro entregando debidamente cumprimentada a inscrición.

O Concello está aberto a calquera suxerencia doutras actividades que non están reflexadas nas ofertadas e que suscitan interese.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es