Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

XIII MEMORIAL "EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN"

O Concello organiza o vindeiro 23 de xaneiro un ano máis o XIII Memorial Eduardo Fernández Villamarín "Negrín", carreira de 7 Km de percorrido polas rúas do pobo na honra do noso atleta máis distinguido.
Negrin 2016

RÁBADE - 23 DE XANEIRO DE 2016 - 16:30 HORAS

XIII MEMORIAL

EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN

Naceu no 1936. Iniciouse no atletismo coa carreira de cross.
Faleceu o 7 de maio de 2003 na súa vila natal de Rábade.
Toda a súa carreira deportiva, estivo vinculada ó San Fernando de Lugo. Foi un dos fundadores da Sociedade Atlética Rabadense.
En 1957.Campión provincial na categoría rural.
Campión provincial absoluto de campo a través, nos anos 1962, 1964 e 1965 en Lugo.
En 1967. Vencedor novamente do provincial de cross, e do trofeo ¿José Antonio Elola¿ na vila de Rábade
En 1959. O ¿ I Campionato de España de Segunda Categoría¿ celebrado en Madrid, nas pistas da cidade universitaria, o atleta de Rábade, deu ó deporte lucense unha gran alegría ó reflectir un crono de 9 mi 37 sg nos 3000 metros obstáculos, sendo en aquel ano 1959, a quinta mellor marca nacional absoluta do ano.
No Campionato Nacional de Clubs de Segunda Categoría, celebrados en Madrid, os días 1 e 2 de setembro de 1962, triunfou por equipos o San Fernando de Lugo.
Gran xesta de Eduardo Fernández, onde gañou os 3000 metros obstáculos, e foi segundo nos 10.000 metros lisos.
Sorprendente, por inesperada, foi a victoria do San Fernando de Lugo ascendendo a 1ª división.

REGULAMENTO

Art. 1.- A saída será na Praza de España ás 16:30 h para os rapaces e ás 17:00 h para a categoría absoluta, a recollida de dorsais será na mesma praza de 15:30h a 16:50h
Art. 2.- O percorrido será de 7 Quilómetros e discorrerá dando dúas voltas a través das seguintes rúas: Praza de España, Alcalde Angel Penas, Lope de Vega, , Jesús Arias,
Santa María, Gabriela Nieto, Dr Fleming, Avenida Galicia, Rosalía de Castro, Rúa do Ferrocarril, Avenida de Galicia, Fernando Arias e Praza de España.
Art. 3.- A clasificación será absoluta masculina, absoluta feminina e por categorías.
Art. 4.- Está prohibido o uso de vehículos de axuda.
Art. 5.-O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade ou chegue á meta sen o seu dorsal será descalificado.
Art. 6.- As inscricións das categorías de rapaces formalizaranse a partir do 4 de xaneiro , de 10 a 14 horas no Concello, teléfono: 982390062, fax: 982 390 411 ou en asociocultural@rabade.org.
Peche de inscricións: xoves 21 de xaneiro ás 14horas.
As inscricións para a categoría absoluta realizaranse a partir do 4 de xaneiro e ata o xoves 21 de xaneiro na páxina web: www.championchipnorte.com.
Art. 7.- Na proba absoluta será obligatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización excepto para os propietarios do chip amarelo que teñen que utilizar o seu.
Art. 8.- Establécense as seguintes categorías:

CARREIRAS DE RAPACES:
CATEGORÍA MINI: Nad@s en anos posteriores o 2011 (non competitiva) 80 metros
CATEGORÍA A: Nad@s entre 2008-2011 (Primeira carreira). 600 metros
CATEGORÍA B: Nado@s entre 2004-2007 (Segunda carreira).1.200 metros
CATEGORÍA C: Nad@s 2000-2003 (Terceira carreira).1.800 metros
HOMES MULLERES
D) Nados entre 1981/ 1999 D) Nadas entre 1981/ 1999
E) Nados entre 1971/ 1980 E) Nadas entre 1971/ 1980
F) Nados no 1970 e anteriores F) Nadas no 1970 e anteriores
Art. 9.- PREMIOS.
CLASIFICACIÓN ABSOLUTA MASCULINA CLASIFICACIÓN ABSOLUTA FEMININA
1. 350 € 1 350 €
2. 250 € 2 250 €
3. 150 € 3 150 €

CLASIFICACIÓN CARREIRAS DE RAPACES
VALE de 50 € para o primeir@ de cada categoría a canxear en Deportes Élide (Lugo)
Trofeo @s tres primeir@s clasificad@s de cada categoría
Haberá un agasallo para tódolos participantes

Art. 10.- Dado o carácter popular da proba non se admitirán reclamacións
Art. 11.-Haberá servizo de duchas para @s participantes que o desexen no Pavillón Municipal.
Art. 12.- A entrega de premios e trofeos realizarase ó remate da carreira.
Art. 13.- A comisión organizadora non se fai responsable dos danos morais ou materiais que así mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou cousas, sen perxuicio dos dereitos que lles puideran corresponder ante a compañía aseguradora correspondente.
Art. 14.- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan o presente regulamento. No caso de dúbida prevalecerá sempre o criterio da organización.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es