Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

ACTIVIDADES DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

O Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras condutas adictivas da agrupación de concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade organiza dentro da súa programación anual as seguintes actividades:

- Curso de Deshabituación Tabáquica.

- Charla-Taller sobre a Prevención de Malos Hábitos en Embarazo e Lactancia.

- Charla-Taller  "Muller e Saúde¿ realizada a través da Escola Galega de Saúde

1. PROGRAMA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA


O Servizo de Prevención de Drogodependenias e outras condutas adictivas da agrupación de concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade en colaboración coa AECC, informa aos seus veciños da vindeira edición do Programa de Deshabituación Tabáquica 2016 destinada todas aquelas persoas que desexen abandoar a adición ó tabaco.
Esta actividade desenvolverase nos meses de abril, maio e xuño nunha sesión semanal dunha hora de duración durante 7 semanas consecutivas e outras 3 sesións distribuídas nos meses de maio e xuño.
O programa será completamente gratuíto, aínda que dende a AECC esixirase un depósito de 20€ por participante que serán íntegramente devoltos a todos aqueles que acadasen unha asistencia mínima a 7 das 10 sesións que ocupa o programa.
Para máis información ponte en contacto coa Responsable de Prevención en prevenciondrogas@rabade.org ou chamando:
¿ Luns Concello de Xermade: 982.501.001
¿ Martes Concello de Outeiro de Rei: 982.370.109
¿ Mércores Concello de Begonte: 982.396.012
¿ Xoves Concello de Guitiriz: 982.393.281
¿ Venres Concello de Rábade: 982.390.062

Se desexas participar, deberás entregar esta mesma folla cuberta nalgún dos concellos da agrupación ata o 23 de marzo. O lugar e horario do programa fixarase en función das preferencias das inscricións recibidas. Respectarase a orde de inscrición (prazas limitadas).

2. CHARLA- TALLER

CONSTRUÍNDO VIDAS
PREVENCIÓN DE MALOS HÁBITOS EN EMBARAZO E LACTANCIA

Poñente. Benita Martínez García (Matrona do C.S. Vilalba)
Duración: 1 h. 30 mins.
 Begonte, Casa da Cultura 17 de marzo 17:00 h.
 Xermade, Biblioteca 18 de marzo 19:00h.
 Outeiro de Rei, Casa da Cultura 21 de marzo 19:00h.
Charla informativa sobre hábitos que poden supoñer riscos para embarazadas, lactantes e bebés, ofrecida pola profesional sanitaria Benita Martínez García, matrona de Vilalba (Guitiriz e Xermade).
Esta actividade está aberta a toda a poboación.Facilítanse 3 datas, horarios e lugares para favorecer o acceso ás persoas interesadas. Necesaria inscrición (prazas limitadas).

3. MULLER E SAÚDE


Charla- taller realizada a través da Escola Galega de Saúde
Lugar: Guitiriz, Casa Habanera
Día e hora: venres 11 de marzo de 17:00 a 19:00h.
Expedirase certificado de asistencia

Esta actividade, aberta a toda a cidadanía, centra a súa atención en mellorar a información e a comprensión dos cambios evolutivos da muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino.

Imprescindible inscrición (prazas limitadas) a través do enlace http://escolasaude.sergas.es/Contidos/CURSOS-PRESENCIAS ou faciliando os datos persoais e de contacto no Servizo de Prevención do concello da agrupación de referencia (Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade).

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es