Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS ORGANIZA UNHA XORNADA SOBRE:" PROBLEMAS DE CONDUTA NA ADOLESCENCIA"

 O vindeiro 23 de novembro celebrarase no CentroSocial do Concello de Rábade ás 18:30 h. a sesión formativa ¿Problemas de conduta na adolescencia¿ a cargo da Psicóloga clínica da EOXI de Lugo Marta González Rodríguez.

Esta sesión,organizada dende o Servizo de Prevención de Drogodependencias en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, ten o obxecto de mellorar a información e a comprensión dos trastornos de condutas máis frecuentes na adolescencia e dotar ás familias de habilidades e destrezas para responder ás circunstancias sobrevidas.

Será necesaria a inscrición online a través da web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, apartado de cursos presenciais (Límite de prazas)

http://escolasaude.sergas.es/

Programa:

1. Problemas de conduta na adolescencia. Por que se producen.

2. Situacións de risco e sinais de alarma.

3. Trastornos de conduta máis habituais.

4. A familia como guía. Modelos parentais.

5. Hábitos mentalmente saudables.

6. Intelixencia emocional.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es