Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

XIV MEMORIAL EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN "NEGRIN" 2017


O vindeiro día 21 de xaneiro e dentro das Festas Patronais de San Vicenzo de Rábade terá lugar o XIV Memorial Eduardo Fernández Villamarín "Negrín". A carreira discorrerá polas rúas do pobo, comezará as 16:30h para as categorías de nen@s e as 17:00h para a categoría adulta. 

cartel 2017

 RÁBADE- 21 DE XANEIRO DE 2017 - 16:30 HORAS

XIV MEMORIAL

EDUARDOFERNÁNDEZ VILLAMARÍN

Naceu no 1936. Iniciouse no atletismo coa carreira de cross.

Faleceu o 7 de maio de 2003 na súa vila natal de Rábade.

Toda a súa carreira deportiva, estivo vinculada ó San Fernando de Lugo. Foiun dos fundadores da Sociedade Atlética Rabadense.

En 1957.Campión provincial na categoría rural.

Campión provincial absoluto de campo a través, nos anos 1962, 1964 e 1965 en Lugo.

En 1967. Vencedor novamente do provincial de cross, e do trofeo ¿José Antonio Elola¿ na vila de Rábade

En 1959. O ¿ I Campionato de España de Segunda Categoría¿ celebrado en Madrid, nas pistas da cidade universitaria, o atleta de Rábade, deu ó deporte lucense unha gran alegría ó reflectir un crono de 9 mi37 sg nos 3000 metros obstáculos, sendo en aquel ano 1959, a quinta mellor marca nacional absoluta do ano.

No Campionato Nacional de Clubs de Segunda Categoría, celebrados en Madrid,os días 1 e 2 de setembro de 1962, triunfou por equipos o San Fernando de Lugo.

Gran xesta de Eduardo Fernández, onde gañou os 3000 metros obstáculos,e foi segundo nos 10.000 metros lisos.

Sorprendente, por inesperada, foi a victoria do San Fernando de Lugo ascendendo a 1ª división.

REGULAMENTO

Art. 1.- A saída na Praza deEspaña ás 16:30 h para os rapaces e as 17:00 h para a

categoría absoluta e a chegada situarase na mesma praza.

A recollida de dorsais será na mesma praza de15:30 h a 16:50 h.

Art. 2.- O percorrido será de 7Quilómetros e descorrerá dando dúas voltas a través das seguintes rúas: Praza de España, Alcalde Ángel Penas, Lope de Vega, Jesús Arias, Santa María,Gabriela Nieto Chaín, Dr. Fleming, Avenida Galicia, Rosalía de Castro, Rúa do Ferrocarril, Avenida de Galicia, Fernando Arias e Praza de España.

Art. 3.- A clasificación será absoluta masculina, absoluta feminina e por categorías.

Art. 4.- Está prohibido o uso de vehículos de axuda.

Art. 5.-O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade ou chegue á meta sen o seu dorsal será descalificado.

Art. 6.- As inscricións da categoría de rapaces formalizaranse a partir do 2 de xaneiro , de 10 a 14 horas no Concello, teléfono: 982 390 062, fax: 982 390 411 ouen asociocultural@rabade.org.Peche de inscricións xoves 19 de xaneiro ás 14:00 h.

As inscricións para a categoría adulta ata o xoves 19 de xaneiro na páxina web: www.championchipnorte.com.

Art. 7.- Na proba absoluta será obligatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización excepto para os propietarios do chip amarelo que poden utiliza-lo seu.

Art. 8.- Establécense asseguintes categorías:

CARREIRAS DE RAPACES:

CATEGORÍA MINI: Nad@s en anos posteriores o2012 (non competitiva) 80 metros

CATEGORÍA A: 2009-2012 (Primeira carreira). 600 metros

CATEGORÍA B: 2005-2008(Segunda carreira).1.200metros

CATEGORÍA C:2001- 2004 ( Terceira carreira). 1.800 metros

HOMES MULLERES

D) Nados entre 1982/ 2000 D) Nadas entre 1982/ 2000

E) Nados entre 1972/ 1981 E)Nadas entre 1972/ 1981

F) Nados no 1971 e anteriores F) Nadas no 1971 e anteriores

Art. 9.- PREMIOS.

CLASIFICACIÓN ABSOLUTA MASCULINA CLASIFICACIÓN ABSOLUTA FEMININA

1....................................350 € 1...................................... 350 €

2....................................250 € 2...................................... 250 €

3....................................150 € 3 ......................................150 €

CLASIFICACIÓN CARREIRAS DERAPACES

VALE de 50 € para o primeir@ de cada categoría a canxear en Deportes Élide (Lugo)

Trofeo @s tres primeir@s clasificad@s de cada categoría

Haberá un agasallo para tódolos participantes

Art. 10.- Dado o carácter popular da proba non se admitirán reclamacións

Art. 11.-Haberá servizo de duchas para @s participantes que o desexen no Pavillón Municipal.

Art. 12.- A entrega de premios e trofeos realizarase ó remate da carreira.

Art. 13.- A comisión organizadora non se fai responsable dos danos morais ou materiais que así mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou cousas, sen perxuicio dos dereitos que lles puideran corresponder ante a compañía aseguradora correspondente.

Art. 14.- Tódolos participantes,polo feito de toma-la saída, aceptan o presente regulamento. No caso de dúbida prevalecerá sempre o criterio da organización.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es