Un ano máis ponse en marcha o Programa de deshabituación tabáquica destinado ás persoas que desexan deixar de fumar. A actividade é gratuíta e desenvolverase no Concello de Guitiriz durante os meses de marzo,abril e maio
Se resides nalgún dos concellos da agrupación e desexas deixas de fumar, preinscríbete antes do 22 de febreiro nalgún dos concellos da agrupación ou enviando os datos persoaise de contacto a prevenciondrogas@rabade.org.(prazas limitadas)
O horario do programa fixarase en función das preferencias recibidas.
Para máis información ponte en contacto coa Coordinadora de Prevención en prevenciondrogas@rabade.org ou chamando:
Luns: Concello de Xermade: 982.501.001
Martes: Concello de Outeiro de Rei: 982.393.281
Mércores: Concello de Begonte: 982.396.012
Xoves: Concello de Guitiriz: 982.370.109
Venres: Concello de Rábade: 982.390.062