Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

GAÑADORES V CONCURSO DE TAPAS


Cafetería PAPYRUS, primeiro premio e Cervecería- Pub BEETHOVEN segundo, son os gañadores deste V Concurso de Tapas 2017.  

tapas 2017

O Concelleiro de Deportes, Alejandro Martínez Campos e o Presidente da Asociación de Hosteleiros de Rábade, Julio García Carral, entregaron os Trofeos aos gañadores desta V edición na que resaltan  a calidade, presentación e elaboración das Tapas e fixeron un balance moi positivo, animando a tódolos hosteleiros para o ano próximo.

Dolores Méndez do Papyrus e Enrique Castiñeira do Beethoven, agradecen a gran acollida das tapas.Este venres e sábado de 19:00h a 23:00h poderanse degustar as Tapas gañadoras nos respectivos locais ao mesmo prezo.

Alba Parga Carral e Raúl Saavedra Campos foron os gañadores da tablet e do smartphone, donados polo Concello, que se sortearon entre todos aqueles que percorreron o 100% dos locais.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es