Fondo cabecera Concello de Rábade
Inicio » Novas

Novas

ENTROIDO 2017

O Concello organiza como tódolos anos dous actos para oEntroido:

-Luns, 27 de febreiro: FESTAINFANTIL de 17:00 a 20:00h no campo da Feira ( se as condiciónsmetereolóxicas son adversas, será no Centro Sociocultural). Haberá merenda paratódol@s asistentes.

-Martes, 28 de Febreiro: CONCURSOE DESFILE DE DISFRACES na Praza de España ás 17:00h (inscricións de 16:00ha 16:45h). Amenizado co Grupo ¿PK2¿.

Ó remate do desfile e gracias ácolaboración da Asociación de mulleres Águeda de Rábade, haberá degustación depostres típicos do entroido para tódol@s asistentes.

Cartel entroido 2017
CONCURSO DE COMPARSAS, PARELLAS ou INDIVIDUAIS (ADULTOS E INFANTÍS)BASES 
CATEGORÍAS 
1ª. O Concello de Rábade convoca o tradicional concurso de disfraces coas seguintes categorías:
Comparsas (adultos e infantís)
Parellas ou Individuais (adultos e infantís)
Con motivo do Entroido 2017, celebrarase o martes 28 de febreiro a partir das 17:00 horas o concurso e desfile de disfraces que terá lugar na praza de España.
As bases estarán disponibles na Área de Cultura e Deporte do Concello de Rábade.
PARTICIPACIÓN 
. A participación queda aberta a tódalas asociacións, colexios, persoas e colectivos que  o desexen.
A inscrición dos participantes farase o mesmo día  28 dende ás 16:00 h ata as 16:45 horas, aportando o nome do disfrace, nome, apelidos e D.N.I.
Tódolos participantes deberán asinar unha autorización para dar o consentimento de cesión dos dereitos  das fotos para publicar as mesmas nos  distintos programas organizados polo Concello.
Os menores de idade aportarán os datos da persoa que os representa.
DISTRIBUCIÓN DAS MODALIDADES 
. As modalidades nas que poderán participar son:
COMPARSAS:
Adultos: Considérase comparsa  aquelas nas que participen un mínimo de tres persoas maiores, todas elas, de 17 anos ou aquelas comparsas que non reunan os requisitos para entrar na categoría de infantís.
      Infantís: Considérase comparsa infantil aquelas nas que participen un mínimo de tres persoas nas que as catro quintas partes sexan menores de 17 anos.  
PARELLAS:participantes nas dúas categorías (adultos e infantís), que pola súa condición requiran presentarse xuntos e teñan a temática do seu disfrace relacionada. No caso de que a parella estea formada por un adulto e un nen@ entrará na categoría Infantil ou INDIVIDUAIS:
Adultos: participantes  a partires de 17 anos.
Infantís: participantes menores de 17 anos.
XURADO 
. A cualificación dos participantes será determinada polo xurado do concurso que estará formado por un representante do concello e 4 persoas escollidas entre o público asistente.
CALIFICACIÓN 
. Cada membro do xurado cualificará de 1 a 5 puntos cada comparsa, parella e individual tanto da categoría adulta coma infantil, tendo en conta o deseño dos traxes, a imaginación, a orixinalidade, e a simpatía e posta en escena os participantes.
No caso de empate a puntuación do representante do concello considerarase como dobre  
PREMIOS 
. Concederánse os seguintes premios:

ADULTOS INFANTIS

COMPARSAS: COMPARSAS:

Primeiro premio: 280 € Primeiro premio: 100 €

Segundo premio: 150 € Segundo Premio: 80 €

Terceiro premio: 80€ Terceiropremio: 50 €

PARELLAS ou INDIVIDUAIS: PARELLAS ouINDIVIDUAIS:

Primeiro premio: 100 € Primeiro premio: 80 €

Segundo premio: 50€ Segundo premio: 50 €

Terceiro premio:30 €

Os premios poderán ser considerados desertos polo xurado do concurso.
ENTREGA DE PREMIOS
. A entrega de premios terá lugar o mesmo día da celebración do concurso unha vez rematado o fallo do xurado.  
ACEPTACIÓN DAS BASES
. A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das presentes bases, sendo as decisións do xurado inapelables.

¡¡¡VEN E DESFRUTACONNOSCO O ENTROIDO!!!

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es