Fondo cabecera Concello de Rábade
Inicio » Novas

Novas

CAMPAMENTOS VERÁN 2017

  ¿MÓVETE EN VERÁN¿

O Concello de Rábade dentro da programación ¿Móvete en Verán¿ organiza como tódolos anos dous Campamentos Urbanos, un Campamento Multiaventuras en Viveiro e un Campus de Patinaxe, para os neno@s entre 4 e 16 anos e teñen como obxectivos a socialización dos nen@s, adquirir hábitos saudables, respetar a natureza e o medio no que vivimos e conciliar a vida familiar e laboral.

A pretensión dos campamento é que os participantes acaden o maior desenvolvemento posible da súa capacidade creativa e que que sexa partícipe da vida en grupo, favorecido polo carácter lúdico de seu entorno.

CAMPAMENTOS URBANOS

o Actividades de Aire Libre: Técnicas de orientación e rastreo, marchas, excursións...

o Actividades Medioambientais: Reciclaxe e reutilización, xogos Medio Ambientais e Actividades de coñecemento do entorno fluvial e terrestre.

o Actividades Deportivas e Predeportivas:Fútbol, baloncesto, rugby, béisbol.., Olimpiadas, Liguitas, Deporte non competitivo, Xogos Predeportivos e Deportes alternativos.

o Obradoiros: Obradoiro de móbiles,maquillaxe, artesanía,murais, cómic, libretas de area e bailes de salón.

o Grandes xogos e Animación: Trivial, Misión Imposible, Ximkanas..

Do 3 ao 7 de xullo. Nen@s de 4 a 7 anos. Horario do campamento: De 10:00 a 20:00h

Do 10 ao 14 de xullo. Nen@s de 8 a 12 anos. Horario do campamento: De 10:00 a 20:00h

Tódolos nen@s visitarán ó Aquapark de Cerceda ,ó Clube Fluvial de Lugo e as piscinas do Concello.

O prezo do Campamento Urbano é de 40 € por nen@ e as inscricións faranse no departamento de Cultura e Deporte do Concello en horario de 9 a 14h. (prazas limitadas e por orde riguroso de inscrición).

CAMPUS DE PATINAXE

O concello de Rábade organiza o Campus de Patinaxe que terá lugar os días 26, 27, 28, 29 e 30 de xuño no Pavillón Municipal en horario de 9:00h a 14:00 h.

Neste campus os nenos/as de 4 a 16 anos farán:

  • Adestramentos de técnica de patinaxe e multideporte en patíns
  • Xogos tradicionais
  • Xogos con material alternativo.

O prezo do campus é de 40€/nen@

CAMPAMENTO MULTIAVENTURAS EN VIVEIRO

Esta actividade terá lugar en Viveiro os días 26, 27 e 28 de xuño. Este campamento está adicado a nen@sde 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

As actividades que realizarán serán:

-Tablas SUP

-Rutas en BTT

-Paintball

-Veladas

- Orientación

-Ruta fluvial en Kayaks

-Aquapark de Cerceda e

-Xogos na praia, Piraguas¿.

O prezo deste Campamento é de 70 €/nen@.

As prazas en tódolos campamentos son limitadas e as inscricións, por rigurosa orde de inscrición, comezarán o día 2 de maio de 9:00 a 14:00h no Departamento de Cultura e Deporte do Concello.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es