Fondo cabecera Concello de Rábade
Inicio » Novas

Novas

XV MEMORIAL "EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN"

O vindeiro 27 de xaneiro terá lugar, un ano máis, o XV MEMORIAL EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN.

Este ano como novidade as categorías de rapaces deberán inscribirse en www.championchipnorte.com.

XV MEMORIAL

RÁBADE  - 27 DE XANEIRO DE 2018 - 16:30 HORAS

XV MEMORIAL

EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN

Naceu no 1936. Iniciouse no atletismo coa carreira de cross.

Faleceu o 7 de maio de 2003 na súa vila natal de Rábade.

Todaa súa carreira deportiva, estivo vinculada ó San Fernando de Lugo. Foi un dos fundadores da Sociedade Atlética Rabadense.

En1957.Campión provincial na categoría rural.

Campión provincial absoluto de campo a través, nos anos 1962, 1964 e 1965 en Lugo.

En1967. Vencedor novamente do provincial de cross, e do trofeo ¿José Antonio Elola¿ na vila de Rábade

En 1959. O ¿ I Campionato de España de Segunda Categoría¿ celebrado en Madrid, nas pistas da cidade universitaria, o atleta de Rábade, deu ó deporte lucense unha gran alegría ó reflectir un crono de 9 mi 37 sg nos 3000 metros obstáculos,sendo en aquel ano 1959, a quinta mellor marca nacional absoluta do ano.

No Campionato Nacional de Clubs de Segunda Categoría, celebrados en Madrid, os días 1 e 2 de setembro de 1962, triunfou por equipos o San Fernando de Lugo.

Gran xesta de Eduardo Fernández, onde gañou os 3000 metros obstáculos, e foi segundo nos 10.000 metros lisos.

Sorprendente,por inesperada, foi a victoria do San Fernando de Lugo ascendendo a 1ª división.

REGULAMENTO

Art. 1.- A saída será na Praza deEspaña ás 16:30 h para os rapaces e ás 17:00 h para a categoría absoluta, a recollida de dorsais será na mesma praza de 15:30h a 16:50h

Art. 2.- O percorrido será de 7 Quilómetros e discorrerá dando dúas voltas a través das seguintes rúas: Praza de España, Alcalde Angel Penas, Lope de Vega,, Jesús Arias,

Santa María, Gabriela Nieto, Dr Fleming, Avenida Galicia, Rosalía de Castro, Rúa do Ferrocarril, Avenida de Galicia, Fernando Arias e Praza de España.

Art. 3.-A clasificación será absoluta masculina, absoluta feminina e por categorías.

Art. 4.- Está prohibido o uso de vehículos de axuda.

Art. 5.-O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade ou chegue á meta sen o seu dorsal será descalificado.

Art. 6.- As inscricións para todas as categorías serán ata o xoves 25 de Xaneiro, na páxina web: www.championchipnorte.com

Art. 7.- Na proba absoluta será obligatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización excepto para os propietarios do chip amarelo que teñen que utilizar o seu.

Art. 8.- Establécense as seguintes categorías:

CARREIRAS DE RAPACES:

CATEGORÍA MINI: Nad@s en anos posteriores o 2013(non competitiva) 80 metros

CATEGORÍA A: Nad@s entre 2010-2013 (Primeira carreira). 600metros

CATEGORÍA B: Nado@s entre 2006-2009 (Segunda carreira).1.200metros

CATEGORÍA C: Nad@s2002-2005 (Terceira carreira).1.800 metros

HOMES / MULLERES

D) Nados entre 1983/ 2001 D) Nadasentre 1983/ 2001

E) Nados entre 1973/ 1982 E) Nadasentre 1973/ 1982

F) Nados no 1972 e anteriores F) Nadas no 1972 e anteriores

Art. 9.- PREMIOS.

CLASIFICACÓN ABSOLUTA MASCULINA E ABSOLUTA FEMININA

1. 350 € 1....................................... 350 €

2. 250 € 2....................................... 250 €

3. 150 € 3....................................... 150 €

Trofeos para os 3 primeir@s de cada categoría

Trofeo "EduardoFernández Villamarín" ao equipo con máis participantes finalizados de todas as categorías masculinas e femininas agás a mini.

CLASIFICACIÓN CARREIRAS DE RAPACES

VALE de 50 € para o primeir@ de cada categoría a canxear en Ndorfina Sports (Praza do Campo Castelo, 57- Lugo)

Haberá un agasallo para tódolos participantes

Art. 10.- Dado o carácter popular da proba non se admitirán reclamacións

Art. 11.-Haberá servizode duchas para @s participantes que o desexen no Pavillón Municipal.

Art. 12.- A entrega de premios e trofeos realizarase ó remate da carreira.

Art. 13.- A comisión organizadora non se fai responsable dos danos morais ou materiais que así mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, nin dos quepoidan recibir eles por parte de persoas ou cousas, sen perxuicio dos dereitos que lles puideran corresponder ante a compañía aseguradora correspondente.

Art. 14.- Tódolos participantes,polo feito de tomar a saída, aceptan o presente regulamento. No caso de dúbida prevalecerá sempre o criterio da organización.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es