Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

ENTROIDO 2018

O Concello organiza como tódolos anos dous actos para celebración do Entroido:

-Luns, 12 de febreiro: FESTA INFANTIL de 17:00 a 20:00h  no Centro Sociocultural. Haberá merenda para tódol@s asistentes.

-Martes, 13 de Febreiro: CONCURSO E DESFILE DE DISFRACES na Prazuela ás 17:00h (inscricións de 16:00h a 16:45h). Amenizado co grupo ¿PK2¿.

Ó remate do desfile e gracias á colaboración da Asociación de mulleres Águeda de Rábade haberá degustación de postres típicos do entroido para tódol@s asistentes.


¡¡¡VEN E DESFRUTA CONNOSCO O ENTROIDO!!!

entroido 2018

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES DE ENTROIDO
DO CONCELLO DE RÁBADE 2018

CONCURSO DE COMPARSAS, PARELLAS ou INDIVIDUAIS (ADULTOS E INFANTÍS)

BASES

CATEGORÍAS

1ª. O Concello de Rábade convoca o tradicional concurso de disfraces coas seguintes categorías:

¿ Comparsas (adultos e infantís)
¿ Parellas ou Individuais (adultos e infantís)

Con motivo do Entroido 2018, celebrarase o martes 13 de febreiro a partir das 17:00 horas o concurso e desfile de disfraces que terá lugar na praza de España.

As bases estarán disponibles na Área de Cultura e Deporte do Concello de Rábade.


PARTICIPACIÓN

2ª. A participación queda aberta a tódalas asociacións, colexios, persoas e colectivos que o desexen.

A inscrición dos participantes farase o mesmo día 13 dende ás 16:00 h ata as 16:45 horas, aportando o nome do disfrace, nome, apelidos e D.N.I.

Tódolos participantes deberán asinar unha autorización para dar o consentimento de cesión dos dereitos das fotos para publicar as mesmas nos distintos programas organizados polo Concello.

Os menores de idade aportarán os datos da persoa que os representa.


DISTRIBUCIÓN DAS MODALIDADES

3ª. As modalidades nas que poderán participar son:

¿ COMPARSAS:
o Adultos: Considérase comparsa aquelas nas que participen un mínimo de tres persoas maiores, todas elas, de 17 anos ou aquelas comparsas que non reunan os requisitos para entrar na categoría de infantís.
o Infantís: Considérase comparsa infantil aquelas nas que participen un mínimo de tres persoas nas que as catro quintas partes sexan menores de 17 anos.

¿ PARELLAS:participantes nas dúas categorías (adultos e infantís), que pola súa condición requiran presentarse xuntos e teñan a temática do seu disfrace relacionada. No caso de que a parella estea formada por un adulto e un nen@ entrará na categoría Infantil ou INDIVIDUAIS:
o Adultos: participantes a partires de 17 anos.
o Infantís: participantes menores de 17 anos.


XURADO

4ª. A cualificación dos participantes será determinada polo xurado do concurso que estará formado por un representante do concello e 4 persoas escollidas entre o público asistente.

CALIFICACIÓN

5ª. Cada membro do xurado cualificará de 1 a 5 puntos cada comparsa, parella e individual tanto da categoría adulta coma infantil, tendo en conta o deseño dos traxes, a imaginación, a orixinalidade, e a simpatía e posta en escena os participantes.

No caso de empate a puntuación do representante do concello considerarase como dobre.


PREMIOS

6ª. Concederánse os seguintes premios:

ADULTOS

COMPARSAS:
Primeiro premio: 300 €
Segundo premio: 200 €
Terceiro premio: 100 €

PARELLAS ou INDIVIDUAIS:
Primeiro premio: 100 €
Segundo premio: 50 €

INFANTÍS

COMPARSAS:
Primeiro premio: 100 €
Segundo Premio: 80 €
Terceiro premio: 60 €
cuarto premio: 40 €

PARELLAS ou INDIVIDUAIS:

Primeiro premio: 80 €
Segundo premio: 50 €
Terceiro premio: 30 €

Os premios poderán ser considerados desertos polo xurado do concurso.


ENTREGA DE PREMIOS

7ª. A entrega de premios terá lugar o mesmo día da celebración do concurso unha vez rematado o fallo do xurado.

ACEPTACIÓN DAS BASES

8ª. A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das presentes bases, sendo as decisións do xurado inapelables.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es