O Concello oferta, un ano máis, dous Campamentos Urbanos e un Campus de Patinaxe.
Tódol@s interesados poderán anotarse a partir do día 2 de maio. As prazas son limitadas e por rigurosa orde de inscrición.
CAMPAMENTOS URBANOS
O Concello de Rábade organiza dentro do programa ¿CONCILIA EN RÁBADE¿ dous campamentos urbanos que terán lugar no mes de xullo.
A pretensión do campamento é que os participantes acaden o maior desenvolvemento posible da súa capacidade creativa e que que sexa partícipe da vida en grupo, favorecido polo carácter lúdico deseu entorno.
o Actividades de Aire Libre: Técnicas de orientación erastreo, Marchas.
o Actividades Medioambientais: Reciclaxe e reutilización, xogos Medio Ambientais e Actividades de coñecemento do entorno fluvial e terrestre.
o Actividades Deportivas e Predeportivas:Fútbol, baloncesto, rugby, béisbol.., Olimpiadas, Liguitas, Deporte non competitivo, Xogos Predeportivos e Deportes alternativos.
o Obradoiros: Obradoiro de móviles, maquillaxe, artesanía, murais, cómic, libretas de area e bailes de salón.
o Grandes xogos e Animación: Trivial, Misión Imposible,Ximkanas..
Do 2 ao 6 de xullo. Nen@s de 4 a 7 anos .
Do 9 ao 13 de xullo. Nen@s de 8 a 12 anos.
O Horario do Campamento é de 10:00h a 20:00h e o prezo é de 40 € por nen@ e as inscricións faranse na Área de Cultura e Deporte do Concello en horario de 9 a14h. (prazas limitadas e por orde rigurosa de inscrición).
CAMPUSDE PATINAXE
O concello organiza o Campus de Patinaxe que terá lugar os días 25, 26, 27, 28 e 29 de xuño no Pavillón Municipal en horario de 9:00h a 14:00 h.
Neste campus os nenos/as de 5 a16 anos farán:
Tódolos nenos/as que queiran participar deberán inscribirse no Departamento de Cultura e Deporte do Concello en horario de 9:00h a 14:00h. (prazas limitadas e por orde riguroso de inscrición). O prezo é de 40€/ nen@.