O sábado 2 de xuño terá lugar o 11º Certame de Pintura Rápida. As inscricións realizaranse no Concello de Rábade dende as 9:00h ata as 10:00h.
2 de xuño de 2018
BASES CONCURSO
1. Concurso aberto a tódolos/as artistas que desexen participar
2. O concurso terá lugar ó sábado 2 de xuño dende as 9:00h da mañá, ata as 17 h da tarde.
3. A inscrición e selado das teas, unha por participante, realizarase no Concello de Rábade dende as 9:00h ata as 10:00h. Selarase, en branco ou preparadas cunha cor uniforme.
4. Só se admitirá unha obra por artista. O artista poderá escoller a modalidade e estilo de pintura que desexe
5. TEMA: ¿Estampas de Rábade¿
6. Tódalas obras deberán levar un título e as obras premiadas deberán estar firmadas polo autor/a.
7. As obras terán unhas dimensións mínimas de 50x50cm e máximas de 150 x 150 cm
8. A entrega das obras será posible ata as 17:00 h no Centro Sociocultural e con cabalete propio.
9. O xurado estará composto por personalidades relacionadas co mundo das artes e representantes municipais, e a súa decisión será inapelable.
10. Apartir das 17:00 h quedará aberta ó público no lugar da recepción, a exposicióndos cadros realizados polos/as artistas participantes.
11. Ás18:00 h outorgaranse os premios do 11º concurso de Pintura Rápida no Centro Sociocultural, que os gañadores deberán recoller persoalmente.
12. As obras premiadas quedarán en propiedade dos patrocinadores ( O 1º premio será propiedade do Concello de Rábade); as obras premiadas con accesit quedarán en propiedade do autor.
13. Dende o 4 de maio ao 15 de xuño, tódalas obras premiadas, e as de aqueles/as artistas que o desexen, previa taxación do autor será expostas no Concello.
14. As obras non premiadas deberán ser retiradas antes do 29 de xuño. De non cumprir este requisito, quedarán a dispor do Concello.
15. Tódolos inscritos no concurso deberán presentar o cadro (finalizado ou non), no estado en que se atope no Centro Sociocultural. Se o cadro non fora entregado, sería vetada a súa presenza para o vindeiro ano.
16. Aorganización non se responsabiliza das perdas ou danos que puideran sufrir as obras.
17. A organización reservase o dereito de alterar ou decidir en calquera caso, todo aquel aspecto non previsto nestas bases.
18. Aparticipación neste concurso implica a aceptación total das presentes bases.
PREMIOS
1ºpremio.*1100 €
2ºpremio. 700 € patrocinado por FINSA.
3ºpremio. 500 € patrocinado por AQUALIA.
Tres accesit de 100 Euros cada un. As obras premiadas con accesit quedarán en propiedade do Autor.
*Cantidade á que se lle aplicará a retención que estipule o Regulamento do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas vixente no momento do outorgamento do premio.
Tódolos/as participantes no concurso serán convidados a comer.