Fondo cabecera Concello de Rábade
Inicio » Novas

Novas

12º CONCURSO POSTAIS NAVIDEÑAS

O concello organiza un ano máis o concurso de Postais Navideñas. O debuxo gañador será designado coma a Postal Navideña do Concello, que anualmente se envía para felicitar o Nadal a tódolos veciñ@s.

postais 2018

BASES POLAS QUE SE REGULA O CONCURSO

PRIMEIRA

Participantes

Poderán participar no concurso calquera nen@ interesad@

 entre 3 e 14 anos en dúas categorías:

categoría A: de 3 a 8 anos

categoría B: de 9 a 14 anos

SEGUNDA

Tema

O tema do debuxo será libre, coa necesaria incorporación de referencias ó Nadal.

TERCEIRA

Técnicas,materiais e formato

Os concursantes poderán empregar calquera técnica sobre o material que estimen oportuno (papel,cartón…) en formato A4, sen enmarcar e aportando o orixinal

CUARTA

Xurado

O xurado estará integrado por representantes do Concello, do Colexio “Otero Pedraio” e do I.E.S “Río Miño”

QUINTA

Criterios de valoración

O xurado valorará principalmente a orixinalidade e a creatividade dos debuxos presentados

SEXTA

Premios porcategoría

1º premio:Vale de 60 €

2º premio:Vale de 40 €

3º premio:Vale de 20 €

Os vales deberán ser utilizados no comercio de Rábade

SÉTIMA

Fallo do xurado

O fallo do xurado farase público antes do día 19 de decembro

OITAVA

Data e Modalidade de entrega de debuxos

A data tope para a entrega do debuxo será o 14 de decembro. Os debuxos poderán entregarse no colexio “ Otero Pedraio”, no I.E.S “Río Miño” ou no Departamento de Cultura e Deporte do Concello.

NOVENA

Utilización dos debuxos

Tódolos debuxos recibidos serán expostos no Centro Sociocultural no Nadal. O gañador do primeiro premio cede expresamente o dereito de utilización e reproducción do seu debuxo para a felicitación oficial do Concello.

DÉCIMA

Aceptacióndas bases

A mera participación no concurso implica a plena aceptación destas bases.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: rabade@rabade.org