Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

PROGRAMACIÓN NAVIDEÑA 2018

O concello organiza para este Nadal un amplo programa de actividades para tódalas idades. Haberá música, obradoiros de cociña, de manualidades, unha exposición e a carreira Don Silvestre Rabadense.

As inscrición faranse na Área de Cultura e Deporte  en horario de 9:00 a 14:00h.

Esperamos que sexa do agrado de tod@s.

NADAL 2018

  PROGRAMA DE ACTIVIDADES

21 de decembro:

"MÚSICA NO NADAL". Audición da Escola Municipal de Música ás 17:00h no Centro Sociocultural. Actividade para tódolos públicos.

26, 27 e 28 de decembro:

"AS INSUAS, É OUTRA HISTORIA". Obradoiro Navideño onde unha ruta a carón do Río Miño, os contos, xogos e historias.... son os protagonistas. O horario desta actividade é de 10:00h a 13:00h na Casa das Insuas. Para nen@s de 4 a 12 anos. Actividade organizada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio e patrocinada pola Deputación de Lugo.

22 de decembro:

"FEIREANDO COS NOSOS NEN@S". Actividade lúdica para a dar a coñecer o funcionamento da feira da nosa vila, os costumes....mercaremos todos xuntos productos típicos que logo degustaremos.Para nen@s de 4 a 12 anos, de 10:00 a 13:00h.

27 de decembro:

"COCIÑAMOS XUNTOS". Obradoiro de cociña Interxeneracional coa colaboración da Asociación de Mulleres Águeda de Rábade. Para nen@s de 4 a 14 anos de 16:00 a 19:00h. É a primeira xuntanza de catro que se faran ao longo do ano.

28 de decembro:

CONCERTO DE NADAL EN FAMILIA COA ORQUESTRA DE MALABARES "PISTACATRO". Actividade patrocinada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo ás 20:00h no IES "Río Miño". Actividade para tódolos públicos.

Do 17 ao 31 de decembro:

Exposición "IMAXES DO NADAL" de Xulio Xiz no Concello de 9:00h a 14:00h.

31 de decembro:

"DON SILVESTRE RABADENSE". Carreira non competitiva polas rúas da nosa vila para despedir ó ano. Haberá premios para o primeir@ , premios especiais para os mellores disfraces ou caracterizados e animadores, medallas para os nen@s e un agasallo para tódol@s participantes.

11:15h: carreiras nen@s

12:00h: carreira absoluta

Inscricións en www.championchipnorte.com

2, 3 e 4 de xaneiro:

MAXIA NA CABALGATA "OBRADOIRO PAXELANDIA". ¿Queres acompañar aos Reis Magos....? So tes que anotarte, darémosche a tea para o traxe e faremos os adornos tod@s xuntos de 10:00h a 13:30 h.

5 de xaneiro:

"CABALGATA DE REIS". Percorrido polas rúas do pobo, recepción no Concello e entrega de agasallos na Igrexa Parroquial ás 19:00h coa colaboración das Asociacións de Comerciantes e Hosteleiros de Rábade.

As inscricións na Área de Cultura e Deporte en horario de 9:00 a 14:00h

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es