Fondo cabecera Concello de Rábade
Inicio » Novas

Novas

XVI MEMORIAL EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN

Un ano máis o Concello organiza o XVI MEMORIAL "EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN", o día 26 de xaneiro.

As inscricións para todas as categorías (MINI, A, B, C  e ABSOLUTA) serán ata o xoves 24 de xaneiro na páxina web:www.championchipnorte.com.O mesmo día da carreira non haberá inscricións.

MEMORIAL 2019

RÁBADE - 26 DE XANEIRO DE 2019 - 16:30 HORAS

XVI MEMORIAL

EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN

Naceu no 1936. Iniciouse no atletismo coa carreira de cross.

Faleceu o 7 de maio de 2003 na súa vila natal de Rábade.

Toda a súa carreira deportiva, estivo vinculada ó San Fernando de Lugo. Foi un dos fundadores da Sociedade Atlética Rabadense.

En 1957.Campión provincial na categoría rural.

Campión provincial absoluto de campo a través, nos anos 1962, 1964 e 1965 en Lugo.

En 1967.Vencedor novamente do provincial de cross, e do trofeo ¿José Antonio Elola¿ na vila de Rábade

En 1959. O ¿ I Campionato de España de Segunda Categoría¿ celebrado en Madrid, nas pistas da cidade universitaria, o atleta de Rábade, deu ó deporte lucense unha gran alegría ó reflectir un crono de 9 mi 37 sg nos 3000 metros obstáculos, sendo en aquel ano 1959, a quinta mellor marca nacional absoluta do ano.

No Campionato Nacional de Clubs de Segunda Categoría, celebrados en Madrid, os días 1 e 2 de setembro de 1962, triunfou por equipos o San Fernando de Lugo.

Gran xesta de Eduardo Fernández, onde gañou os 3000 metros obstáculos, e foi segundo nos 10.000 metros lisos.

Sorprendente, por inesperada, foi a victoria do San Fernando de Lugo ascendendo a 1ªdivisión.

REGULAMENTO

Art. 1.- A saída será na Praza de España ás16:30 h para os rapaces e ás 17:00 h para a categoría absoluta, a recollida de dorsais será na mesma praza de 15:30h a 16:50h

Art. 2.- O percorrido será de 7 quilómetros e discorrerá dando dúas voltas a través das seguintes rúas: Praza de España, Alcalde Angel Penas, Lope de Vega, , Jesús Arias,

Santa María, Gabriela Nieto, Dr Fleming, Avenida Galicia, Rosalía de Castro, Rúa do Ferrocarril, Avenida de Galicia, Fernando Arias e Praza de España.

Art. 3.- A clasificación será absoluta masculina, absoluta feminina e por categorías.

Art. 4.- Está prohibido o uso de vehículos de axuda.

Art. 5.-O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade ou chegue á meta sen o seu dorsal será descalificado.

Art. 6.- As inscricións para todas as categorías serán ata o xoves 24 de xaneiro na páxina web:www.championchipnorte.com.

Art. 7.- Na proba absoluta será obligatoria autilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización excepto paraos propietarios do chip amarelo que teñen que utilizar o seu.

Art. 8.- Establécense as seguintes categorías:

CARREIRAS DE RAPACES:

CATEGORÍA MINI:Nad@s en anos posteriores o 2014 (non competitiva) 80 metros

CATEGORÍA A:Nad@s entre 2011-2014 (Primeira carreira). 600 metros

CATEGORÍA B:Nado@s entre 2007-2010 (Segunda carreira).1.200 metros

CATEGORÍA C:Nad@s 2003-2006 (Terceira carreira).1.800 metros

HOMES MULLERES

D) Nados entre1984/ 2002 D) Nadas entre 1984/ 2002

E) Nados entre1974/ 1983 E) Nadas entre 1974/ 1983

F) Nados no1973 e anteriores F) Nadas no 1973 e anteriores

Art. 9.-PREMIOS.

CLASIFICACIÓN ABSOLUTA MASCULINA  CLASIFICACIÓN ABSOLUTA FEMININA

1. ................................... 350 € 1.......................................350 €

2. ................................... 250 € 2.......................................250 €

3. ...................................150 € 3.......................................150 €

Trofeos para @s tres primeir@s de cada categoría.

Trofeo ¿Eduardo Fernández Villamarín¿ ao equipo con más participantes finalizados de todas as categorías masculinas e femininas agás a MINI.

CLASIFICACIÓN CARREIRAS DE RAPACES

VALE de 50 € para o primeir@ de cada categoría a canxear en Ndorfina Sports , sita na Praza do Campo Castelo, 57, 27001 Lugo

Trofeo @s tres primeir@s clasificad@s de cada categoría

Haberá un agasallo para tódolos participantes

Art. 10.- Dado o carácter popular da proba non se admitirán reclamacións

Art. 11.-Haberá servizo de duchas para @s participantes que o desexen no Pavillón Municipal.

Art. 12.- A entrega de premios e trofeos realizarase ó remate da carreira.

Art. 13.- A comisión organizadora non se fai responsable dos danos morais ou materiais que así mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou cousas, sen perxuicio dos dereitos que lles puideran corresponder ante a compañía aseguradora correspondente.

Art. 14.- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan o presente regulamento. No caso de dúbida prevalecerá sempre o criterio da organización.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es