Fondo cabecera Concello de Rábade
Inicio » Novas

Novas

CAMPAMENTOS URBANOS 2019

 O Concello de Rábade organiza dentro do programa ¿CONCILIA EN RÁBADE¿ dous Campamentos Urbanos e un Campus de Patinaxe.

A pretensión destes campamentos é que os participantes acaden o maior  desenvolvemento posible da súa capacidade creativa e que que sexa partícipe da vida en grupo, favorecido polo carácter lúdico de seu entorno.

Campas 2019

o  Actividades de Aire Libre: Técnicas de orientación e rastrexo, rutas sendeirismo

o Actividades Medioambientais: Reciclaxe e reutilización, xogos Medio Ambientais e Actividades de coñecemento do entorno fluvial e terrestre.

o Actividades Deportivas e Predeportivas:Fútbol, baloncesto, rugby, béisbol.., Olimpiadas, Liguiñas, Deporte non competitivo, Xogos Predeportivos e Deportes alternativos.

o Obradoiros: Obradoiro de móviles, maquillaxe, artesanía, murais, cómic, libretas e bailes de salón.

o Grandes xogos e Animación: Trivial, Misión Imposible,Ximkanas..

Do 1 ao 5 de xullo. Nen@s de 8 a 12 anos .

Do 8 ao 12 de xullo. Nen@s de 4 a 7 anos.

O Horario do Campamento é de 10:00h a 20:00h e o prezo é de 40 € por nen@ e as inscricións faranse no departamento de Cultura e Deporte do Concello en horariode 9 a 14h. (prazas limitadas e por orde riguroso de inscrición).

CAMPUS DE PATINAXE

O concello organiza o Campus de Patinaxe que terá lugar os días 24, 25, 26, 27 e 28 de xuño no Pavillón Municipal en horario de 9:00h a 14:00 h.

Neste campus os nenos/as de 4 a 15 anos farán:

  • Adestramentos de técnica de patinaxe e multideporte en patíns
  • Xogos tradicionais
  • Xogos con material alternativo.

Tódolos nenos/as que queiran participar deberán inscribirse no Departamento de Cultura e Deporte do Concello en horario de 9:00h a 14:00h. (prazas limitadas e por orde riguroso deinscrición). O prezo é de 40€/ nen@.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: rabade@rabade.org