Fondo cabecera Concello de Rábade
Inicio » Novas

Novas

XII CERTAME DE PINTURA RÁPIDA

  
O Concello organiza un ano máis o XII Certame de Pintura Rápida, aberto a tódolos/as artistas que desexen participar .
O concurso terá lugar ó sábado 22 de xuño dende as 9:00h da mañá, ata as 17 h da tarde.
A inscrición e selado das teas, unha por participante, realizarase no Concello de Rábade dende as 9:00h ata as 10:00h.Selarase en branco ou preparadas cunha cor uniforme. Só se admitirá unha obra por artista. O artista poderá escoller a modalidade e estilo de pintura que desexe.
12º CERTAME

BASES DO CERTAME

1. Concurso aberto a tódolos/as artistas que desexen participar

2. O concurso terá lugar ó sábado 22 de xuño dende as 9:00h da mañá, ata as 17 h da tarde.

3. A inscrición e selado das teas, unha por participante, realizarase no Concello de Rábade dende as 9:00h ata as 10:00h.Selarase en branco ou preparadas cunha cor uniforme

4. Só se admitirá unha obra por artista. O artista poderá escoller a modalidade e estilo de pintura que desexe

5. TEMA: "Estampas de Rábade"

6. Tódalas obras deberán levar un título e as obras premiadas deberán estar firmadas polo autor/a.

7. As obras terán unhas dimensións mínimas de 50x50cm e máximas de 150 x 150 cm

8. A entrega das obras será posible ata as 17:00h no Centro Sociocultural (edificio sito ao carón do Concello)

9. O xurado estará composto por personalidades relacionadas co mundo das artes e representantes municipais, e a súa decisión será inapelable.

10. A partir das 17:00 h quedará aberta ó públicono lugar da recepción, a exposición dos cadros realizados polos/as artistas participantes.

11. Ás 18:00 h outorgaranse os premios do XII Certame de Pintura Rápida no Salón de Plenos do Concello, que os gañadores deberán recoller persoalmente.

12. As obras premiadas quedarán en propiedade dos patrocinadores ( O 1º premio será propiedade do Concello de Rábade); as obras premiadas con accesit quedarán en propiedade do autor.

13. Dende o 24 de xuño ao 8 de xullo, tódalas obras premiadas, e as de aqueles/as artistas que o desexen, previa taxación do autor será expostas no Concello.

14. As obras non premiadas deberán ser retiradas antes do 31 de xullo. De non cumprir este requisito, quedarán a dispor do Concello.

15. Tódolos inscritos no concurso deberán presentar o cadro (finalizado ou non), no estado en que se atope no Concello.Se o cadro non fora entregado, sería vetada a súa presenza para o vindeiro ano.

16. A organización non se responsabiliza das perdas ou danos que puideran sufrir as obras.

17. A organización reservase o dereito de alterarou decidir en calquera caso, todo aquel aspecto non previsto nestas bases.

18. A participación neste concurso implica a aceptación total das presentes bases.

PREMIOS

1º premio.*1100 € patrocinado polo Concello

2º premio. 700 € patrocinado por FINSA.

3º premio. 500 € patrocinado por SARIEGO.

Tres accesit de 100 € cada un. As obras premiadas con accesit quedarán en propiedade do Autor (colabora SALAMANDER)

*Cantidade á que se lle aplicará a retención que estipule o Regulamento do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas vixente no momento do outorgamento do premio.

Tódolos/as participantes no concurso serán convidados a comer.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: rabade@rabade.org