Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

COMPOÑEMOS XUNT@S? CONCURSO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O concello organiza un ano máis o concurso para conmemorar o Dia das Letras Galegas. Este ano e debido as circuntancias que están a acontecer, cambiamos o formato por un máis dinámico.

Trátase de compoñer un poema e envialo mediante audios.

Animádevos a participar!!!

letras galegas 2020

Fai un poema en galego (tema libre) cun mínimo de 6 versos, con ou sen rima

Manda dos audios de WhatsApp ao teléfono: 650 600 002

Audio 1: nick (ou nome artístico) + lectura do poema

Audio 2: nick + datos persoais (nome, apelidos, idade e teléfono)

CATEGORÍAS:

Categoría A: de 5 a 8 anos

Categoría B: de 9 a 11 anos

Categoría C: de 12 a 16 anos

PREMIOS: Para as 3 categorías:

1º premio: vale de 60€

2º premio: vale de 40€

3º premio: vale de 30€

A canxear no comercio de Rábade

Os premiad@s daranse a coñecer o 17 de maio nas redes sociais e web do concello.

A data límite para o envío, venres 8 de maio ás 20:00h

Faremos cos audios o "POEMARIO RABADENSE 2020"

Para calquera dúbida ou aclaración, podes mandar un correo a asociocultural@rabade.org

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: rabade@rabade.org