Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidad

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI 2019/20 Agrupación de Concellos de OUTEIRO DE REI ¿ FRIOL ¿ RÁBADE ¿ BEGONTE -CASTRO DE REI ¿ COSPEITO - ABADÍN - MONDOÑEDO

O Concello de Outeiro de Rei inicia a formacióntransversal na cal participan 100 persoas do Programa Integrado de Emprego nosoito concellos participantes na agrupación de concellos.

Aformación iniciouse o luns día 20 de abril coa formación transversal nas modalidades de teleformación e a distancia,seguindo as instruccións marcadas pola Consellería debido ao estado de alarmaderivado do COVID-19, na cal participan os participantes dos concellos deOuteiro de Rei, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Rábade, Begonte, Abadín eMondoñedo e a temática é orientada abusca de emprego como: redes sociais para busca de emprego, activación emotivación para a busca de emprego, claves para superar unha entrevista detraballo, habilidades sociolaborais, emprendemento e autoemprego, mobilidadelaboral, comunicación verbal e non verbal e ferramentas de comunicacióninnovadoras.

Posteriormente a esta formación os alumnosrecibirán outra formación transversal en idiomas, preparación de competenciasclave de nivel 2, carnets profesionais (manipulador de alimentos e operador/a de carretilla elevadora) e dúas edicións do certificado deprofesionalidade ¿Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais¿.Faranse visitas didácticas a empresas dos concellos para presentar o programa eos perfís profesionais co obxectivo de intermediar e procurar a inserciónlaboral. Todas estas accións iranse realizando segundo as instrucións sobre asmedidas derivadas da situación e evolución do coronavirus (COVID-19).

Este programapromovido polo Concello de Outeiro de Rei e subvencionado pola Consellería deEconomía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ten por obxecto a mellora daocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación dedesemprego, mediante a posta en marcha de accións de información, orientación,asesoramento, formación, prácticas laborais, prospección de empresas eintermediación laboral.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es