Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

PROGRAMA "CONCILIA EN RÁBADE"

O concello organiza un ano máis un programa para a conciliación familiar e laboral no que se inclúen Campamentos de Verán e un Campus de Patinaxe.

Debido ás circunstancias actuais polo COVID 19, en tódalas actividades programadas manteranse as debidas medidas de seguridade e protección (control de temperatura, lavado de mans, máscaras, xeles hidroalcólicos e distancia de seguridade entre tódol@s participantes)

A pretensión destes campamentos é que os participantes acaden o maior  desenvolvemento posible da súa capacidade creativa e que que sexan partícipes da vida en grupo, favorecido polo carácter lúdico de seu entorno.

O programa de fomento da conciliación está dentro de "Concilia en Rábade", subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

campa 2020

CAMPAMENTOS DE VERÁN:

Para nen@s de 4 a 12 anos

Do 3 ao 31 de agosto, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00h

Os grupos serán reducidos, cun máximo de 9 nen@s por monitor.

Faranse xogos, talleres, actividades ao aire libre, medioambientais....Trátase dun circuito de actividades con estacións no Centro Sociocultural, Pavillón Municipal, Campo da Feira, Campo de Fútbol, Centro das Insuas e beiras do Río Miño.

Os prezos son os seguintes:

1 semana:10€

15 días:20€

Todo o mes:30€

CAMPUS DE PATINAXE

O concello organiza o Campus de Patinaxe que terá lugar os días 31 de agosto, 1, 2, 3 e 4 de setembro no Pavillón Municipal en horario de 9:00h a 14:00 h.

Neste campus os nenos/as de 4 a 15 anos farán:

Adestramentosde técnica de patinaxe e multideporte en patíns

Xogos tradicionais

Xogos con material alternativo.

 O prezo do Campus é de 10€

Tódolos nenos/as que queiran participar nos Campamentos e no Campus deberán inscribirse no Departamento de Cultura e Deporte do Concello do 22 de xuño ao 10 de xullo en horario de 9:00h a 14:00h. (prazas limitadas e por rigurosa orde de inscrición. Terán preferencia os empadroados ou que cursen estudos nos Centros educativos de Rábade).

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: rabade@rabade.org