PRAZO PRESENTACIÓN: 15 días naturais desde o día seguinte á publicación no BOP. |
TRAMITACIÓN: por orde de entrada no rexistro, sempre e cando a solicitude estea completa e correcta. |
PRAZO PARA RESOLVER: 2 meses desde a finalización do prazo de presentación. |
BENEFICIARIOS: autónomos e empresas de Rábade afectados polo peche de establecementos hostaleiros (Bares, restaurantes, almacéns distribución...). |
REQUISITOS DOS SOLICITANTES |
· Ter o domicilio fiscal e o establecemento onde se desenvolve a actividade en Rábade. |
· Estar dado de alta na Seguridade Social e en Facenda no momento da solicitude. |
· Non ter débedas coa Seguridade Social, Facenda, nin co Concello de Rábade. |
· Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. |
DOCUMENTACIÓN SOLICITUDE |
Modelo solicitude asinado (ANEXO I). |
DNI/Identificación ou CIF do solicitante e do representante segundo corresponda. |
Escritura da entidade mercantil ou contrato de constitución da entidade sen personalidade xurídica, de ser o caso. |
Entidades sen personalidade xurídica: declaración asinada polos membros conforme delegan nun deles a representación para solicitar e recibir a subvención. |
Certificado de Situación Censal actualizado. |
Resolución/certificación da Alta no Réxime de Autónomos. |
Certificado da conta bancaria. |
Declaración xurada ANEXO II. |
Certificados de atoparse ó corrente nas obrigas tributarias coa AEAT e a SS. |
DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA: | 3 meses despois da concesión (Cuarto mes a contar a partir do día seguinte ó da notificación ou publicación) |
· Certificado de Situación Censal actualizado. | |
· Resolución/ certificación do alta no Réxime correspondente da Seguridade Social actualizado. | |
· Memoria xustificativa con facturas e xustificantes de pago dos gastos realizados (Compra de mercadorías, alugueiro, seguros, subministros, cotas de S.S., etc.) |