Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

AXUDAS HOSTALERÍA E RESTAURACIÓN-COVID CONCELLO DE RÁBADE

PRAZO PRESENTACIÓN: 15 días naturais desde o día seguinte á publicación no BOP.

TRAMITACIÓN: por orde de entrada no rexistro, sempre e cando a solicitude estea completa e correcta.

PRAZO PARA RESOLVER: 2 meses desde a finalización do prazo de presentación.

BENEFICIARIOS: autónomos e empresas de Rábade afectados polo peche de establecementos hostaleiros (Bares, restaurantes, almacéns distribución...).

REQUISITOS DOS SOLICITANTES

·         Ter o domicilio fiscal e o establecemento onde se desenvolve a actividade en Rábade.

·         Estar dado de alta na Seguridade Social e en Facenda no momento da solicitude.

·         Non ter débedas coa Seguridade Social, Facenda, nin co Concello de Rábade.

·         Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

DOCUMENTACIÓN SOLICITUDE

Modelo solicitude asinado (ANEXO I).

DNI/Identificación ou CIF do solicitante e do representante segundo corresponda.

Escritura da entidade mercantil ou contrato de constitución da entidade sen personalidade xurídica, de ser o caso.

Entidades sen personalidade xurídica: declaración asinada polos membros conforme delegan nun deles a representación para solicitar e recibir a subvención.

Certificado de Situación Censal actualizado.

Resolución/certificación da Alta no Réxime de Autónomos.

 Certificado da conta bancaria.

Declaración xurada ANEXO II.

Certificados de atoparse ó corrente nas obrigas tributarias coa AEAT e a SS.

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA:

3 meses despois da concesión

(Cuarto mes a contar a partir do día seguinte ó da notificación ou publicación)

· Certificado de Situación Censal actualizado.

· Resolución/ certificación do alta no Réxime correspondente da Seguridade Social actualizado.

· Memoria xustificativa con facturas e xustificantes de pago dos gastos realizados (Compra de mercadorías, alugueiro, seguros, subministros, cotas de S.S., etc.)

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es