Fondo cabecera Concello de Rábade

Noticias

AYUDAS PEQUEÑO COMERCIO-COVID AYUNTAMIENTO DE RÁBADE

PRAZO PRESENTACIÓN: 15 días naturais desde o día seguinte á publicación no BOP.

TRAMITACIÓN: por orde de entrada no rexistro, sempre e cando a solicitude estea completa e correcta.

PRAZO PARA RESOLVER: 2 meses desde a finalización do prazo de presentación.

BENEFICIARIOS: persoas físicas e xurídicas que exerzan a súa actividade económica en Rábade.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES: adquisición de material de protección e custos de instalacións e obras de adecuación dos locais con motivo do COVID-19.

REQUISITOS DOS SOLICITANTES

·         Ter o domicilio fiscal e o establecemento onde se desenvolve a actividade en Rábade.

·         Estar dado de alta no IAE como mínimo desde o 14 de marzo de 2020.

·         Estar dado de alta no réxime da S.S. ou Mutua profesional correspondente.

·         Ter licenza de actividade en vigor ou ter presentada a Comunicación Previa/Declaración Responsable correspondente.

·         Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

EXCLUSIÓNS (NON poderán ser beneficiarios):

·         Comercio minorista de artigos básicos de alimentación (supermercados, carnicerías, froiterías, peixerías...).

·         Suxeitos do apartado 5.5, segundo parágrafo, das bases. (Entidades do sector público, empresas concesionarias de servizos públicos, asociacións, fundacións, clubes deportivos, entidades sen ánimo de lucro...).

DOCUMENTACIÓN SOLICITUDE

Modelo solicitude asinado (ANEXO I).

DNI/Identificación ou CIF da empresa e DNI do representante segundo corresponda.

Persoas xurídicas: Escritura de constitución e modificacións posteriores e documento acreditativo da representación legal da empresa.

Declaración censual de alta na AEAT, modelos 036 e 037.

Copia das facturas xustificativas dos gastos realizados (desde o 14-03-2020 ata o día de presentación da solicitude) e xustificantes de pago das mesmas.

Documento acreditativo da conta bancaria, cuxo titular será o beneficiario.

Declaración responsable ANEXO II.

Certificados de atoparse ó corrente nas obrigas tributarias coa AEAT e a SS.

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA:

3 meses despois da concesión

(Cuarto mes a contar a partir do día seguinte ó da notificación ou publicación)

· Certificado de Situación Censal actualizado.

· Resolución/ certificación do alta no Réxime correspondente da Seguridade Social actualizado.

Descarga de archivos

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es