Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

CORRECCIÓN DE ERROS DAS BASES DAS AXUDAS DE HOSTALERÍA E PEQUENO COMERCIO

Advertidoun erro na redación literal das bases, nas que se esixe aos beneficiarios dasaxudas que teñan o seu domicilio fiscal en Rábade, publicouse unha corrección no BOP do día 10 de maio e amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o día 19 de maio.

ANUNCIO Publicado no B.O.P. de 10 de maio de 2021

Considerando que con data 19 de abril de 2021 aprobáronse por acordo do Pleno da corporación municipal as bases reguladoras das axudas incluídas noplan de apoio dá hostalaría e restauración e as referidas ao pequeno comercio de Rábade, para paliar o impacto económico derivado da crise sanitaria daCOVID-19, sendo publicadas as respectivas convocatorias no BOP nº 94 de 27 deabril de 2021.

Advertido un erro na redación literal das bases, nas que se esixe aosbeneficiarios das axudas que teñan o seu domicilio fiscal en Rábade, aparte dalocalización física do propio local ou establecemento neste termo municipal.

Considerando que a finalidade das axudas anteditas é paliar ou minimizaras consecuencia derivada da grave crise económica que sofre na actualidade osector da hostalería, restauración e do comercio, en concreto daqueles abertosao público no termo municipal de Rábade, como elementos de xeración de empregoe riqueza local, e con independencia de onde teñan declarado o seu domiciliofiscal, entendido como lugar de localización do obrigado tributario nas súasrelacións ca Administración tributaria.

Considerando que o artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, deprocedemento administrativo común das administracións públicas establece que¿As Administracións Públicas poderán, así mesmo, rectificar en calqueramomento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feitoou aritméticos existentes nos seus actos.¿

Esta Alcaldía, no uso das facultades que lle confire a lexislaciónvixente de réxime local, RESOLVE:

1.- Proceder á corrección de erros detectada nas bases reguladoras dasaxudas para o Plan de apoio á hostalería e restauración no termo municipal deRábade, para paliar os efectos da situación de peche provocado pola COVID-19,nos seguintes termos:

Base quinta, apartado 1.c):

Onde di:

Que o domicilio fiscal e, no seu caso o local de desenvolvemento daactividade,  se atopen no termo municipalde Rábade.

Debe dicir:

Que o local de desenvolvemento da actividade se atopen no termo municipal de Rábade.

2.- Proceder á corrección de erros detectada nas bases reguladoras dasaxudas para o plan de apoio ao pequeno comercio no Concello de Rábadedestinadas a paliar o impacto económico derivado da crise sanitaria COVID-19mediante a adquisición de material de protección, nos seguintes termos:

Base quinta, apartado 1.a):

Onde di:

Os solicitantes, xa se trate de persoas físicas ou xurídicas, deben tero seu domicilio fiscal e o establecemento en que desenvolven a súa actividadeen Rábade e estar dados de alta noImposto de Actividades Económicas polo menos desde o 14 de marzo de 2020,acreditándose mediante a súa Declaración censual de alta na AEAT, Modelos 036 e037, Censo de empresarios, profesionais e retenedores.

Debe dicir:

Os solicitantes, xa se trate de persoas físicas ou xurídicas, deben tero establecemento en que desenvolven a súa actividade en Rábade e estar dados dealta no Imposto de Actividades Económicas polo menos desde o 14 de marzo de2020, acreditándose mediante a súa Declaración censual de alta na AEAT, Modelos036 e 037, Censo de empresarios, profesionais e retenedores.

3º.- Prorrogar o prazo de presentación de instancias das axudasanteditas ata o 19 de maio de 2021.

4º.- Someter a presente resolución a ratificación por parte do Pleno daCorporación Municipal, na próxima sesión que se celebre.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es