Fondo cabecera Concello de Rábade
Inicio » Novas

Novas

OBRA DE TEATRO "BRAVAS " DE ISABEL RISCO

Isabel Risco protagoniza Bravas, o seu segundo espectáculo unipersoal, no que nos ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Unha historia sempre roubada, agochada e invisibilizada.

Bravas é unha produción teatral sobre mulleres sen medo, mulleres que forman parte dun valeroso clan, o clan que elas mesmas paren, amamantan, manteñen, constrúen cós alicerces da rebeldía, da rebelión, da ilusión, do inconformismo, da valentía, da xustiza social, da empatía, da humanidade.

A representación terá lugar o día 18 de xuño ás 20:00h no Centro Sociocultural.

Esta actuación está enmarcada dentro das actividades do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

TEATRO BRAVAS

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es