Curso de pesca sen morte: un xeito de coidar os nosos peixes..Practica a pesca de forma responsable
Coñece os ríos e ecosistemas acuáticos de Galicia, as categorías de augas pescables, os requisitos para pescar, as limitacións e prohibicións, as especies pescables, as modalidades de pesca permitidas.
O curso terá lugar no Río Miño de Rábade os días 5, 7, 12 e 14 de xullo en horario de 16:30 a 18:00h.
Para nen@s de 7 a 17 anos
Inscríbete na Área de Cultura e Deporte chamando ao tlfno: 982 390 062 (Ext:2) ou enviando e nome e apelidos,tlfno e idade ao mail: asociocultural@rabade.org.
Prazas limitadas. Actividade gratuita patrocinada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e impartida pola Federación Galega de Pesca.