Dende o concello, un ano máis iniciamos as Escolas Deportivas para este curso 2021/22 co obxectivo de impulsar a práctica do deporte e fomentar a socialización e as relacións entre os nen@s tan importante nestas idades.
Inciamos coa mesma ilusión do primeiro ano, sobre todo pola situación que nos tocou vivir por mor da pandemia do COVID-19. Unha situación que nos cambiou a tod@s e que pouco a pouco trataremos de voltar á normalidade e por suposto, coas debidas medidas de seguridade e protección .
Agardamos que todo este esforzo redunde no benestar dos nosos nen@s e consecuentemente das súas familias.
Este ano nas Escolas Deportivaso fértanse os seguintes deportes, esperando que sexan do agrado de tod@s:
Fútbol-Sala
Ximnasia Rítmica
Tenis de Mesa
Xadrez
Judo
Futbol Sala
Atletismo
Baloncesto
Tenis
Loita libre
Patinaxe
Balonmán
Zumba Infantil
Voleibol
As actividades deportivas levaranse a cabo sempre que haxa un número mínimo de participantes.
As inscricións pódense facer no Departamento de Cultura e Deporte do Concello en horario de 9:00h a 14:00h dende o día 6 ao 30 de setembro.