Fondo cabecera Concello de Rábade
Inicio » Novas

Novas

OBRADOIRO MANEXO DO ESTRÉS E ANSIEDADE

O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un obradoiro de manexo do estrés e a ansiedade dirixido á poboación en xeral. A formación será impartida a través da Escola Galega de Saúde ( Consellería de Sanidade).

Lugar de celebración:Centro Sociocultural de Rábade
Datas: 17 de novembro do 2021
Horario: de 16.30 a 20.00

ANSIEDADE

Obxectivos:
Aprender a xestionar as emocións.
Conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade.
Lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/o transición vital: enfermidade, dolor etc.

Programa:
 ¿Qué e o estrés e a ansiedade?
Síntomas e efectos do estrés e a ansiedade.
Fontes de estrés - factores claves - coñecer os teus.
Coñecer, entender, e manexar o estres e a ansiedade na túa vida.
Estratexias para manexar, reducir e relaxar o estres .

Dirixido a: poboación en xeral.

Docente: Escola Galega de Saúde: Mario Alberto Rivas Carro. Enfermeiro educador e psicólogo. Hospital Universitario LucusAugusti de Lugo.

INSCRICIÓN: ata o 16/11/2021 a través dos seguintes medios:
1. web da escola galega de saúde https://escolasaude.sergas.es/ ( listado de cursos presenciais)
2. ou mail: prevenciondrogas@rabade.org remitindo : nome e apelidos, enderezo , teléfono e dni.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es