O Concello de Rábade convoca o XVConcurso de Postais Navideñas 2021.
Os debuxos gañadores serán os elixidos coma a Postal Navideña do Concello para felicitar o Nadal a tódolas/os veciñas/os.
A data tope para a entrega do debuxo será o 3 de decembro. Os debuxos poderán entregarse nun sobre e cos seguintes datos: nome e apelidos, idade e un teléfono de contacto no colexio Otero Pedraio, no I.E.S RíoMiño ou no Departamento de Cultura e Deporte do Concello.
BASES POLAS QUE SE REGULA O CONCURSO
PRIMEIRA
Participantes
Poderán participar no concurso calquera nena/o que o desexe entre 3 e 14 anos en tres categorías:
categoría A:de 3 a 5 anos
categoría B:de 6 a 9 anos
categoría C:de 10 a 14 anos
SEGUNDA
Tema
O tema do debuxo será libre, coa necesaria incorporación de referencias ao Nadal.
TERCEIRA
Técnicas,materiais e formato
Os concursantes poderán empregar calquera técnica sobre o material que estimen oportuno (papel,cartón) en formato A4, sen enmarcar e aportando o orixinal
CUARTA
Xurado
O xurado estará integrado por representantes do Concello, do Colexio Otero Pedraio e do I.E.S Río Miño
QUINTA
Criterios de valoración
O xurado valorará principalmente a orixinalidade e a creatividade dos debuxos presentados
SEXTA
Premios por categoría
1º premio:Vale de 60 €
2º premio:Vale de 40 €
3º premio:Vale de 20 €
Os vales deberán ser usados no comercio de Rábade
SÉTIMA
Fallo doxurado
O fallo do xurado farase público antes do día 10 de decembro
OITAVA
Data e Modalidade de entrega de debuxos
A data tope para a entrega do debuxo será o 3 de decembro. Os debuxos poderán entregarse nun sobre e cos seguintes datos: nome e apelidos,idade e un teléfono de contacto no colexio Otero Pedraio, no I.E.S RíoMiño ou no Departamento de Cultura e Deporte do Concello .
NOVENA
Utilización dos debuxos
Tódolos debuxos recibidos serán expostos no Concello de Rábade no Nadal. Os gañador@s dos primeiros premios ceden expresamente o dereito de utilización e reproducción dos seus debuxos para a felicitación oficial do Concello.
DÉCIMA
Aceptación das bases
A mera participación no concurso implica a plena aceptación destas bases.