O concello de Rábade desenvolve a campaña EN NEGRO CONTRAAS VIOLENCIAS, no marco do 25 de Novembro, día internacional en contra daviolencia de xénero. Animamos a todo o comercio e a toda a poboación enxeral a manifestar a súa repulsa contra a violencia machista, tinguindo denegro escaparates, redes sociais, balcóns, etc... e participando no actocentral da campaña, que terá lugar o 25 de novembro, ás 12.00 hs na Praza 28 deMaio (Diante do Concello).