Fondo cabecera Concello de Rábade
Inicio » Novas

Novas

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL E SEXUAL DIRIXIDO A NAIS E PAIS

Dende o servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organizase un obradoiro dirixido a nais e pais para abordar a temática da educación emocional e sexual. O obradoiro será impartido por persoal do Centro Quérote+ de Lugo. A actividade terá lugar o 2/12/2021 de 17.00 a 18.30 no Centro Sociocultural de Rábade. é preciso inscribirse enviando os datos ao mail: prevenciondrogas@rabade.org.

 

Este obradoiro ten os seguintes obxectivos

- Crear un espazo seguro para poder falar das dúbidas, preocupacións e dificultades dacrianza sensentimentos de culpa ouxuízos de valor.

- Dotar de coñecementos básicos para a educación sexual

- Construción de ferramentas que axuden na xestión diaria da educación dos fillos e fillas

 

Lugar de celebración:Centro Sociocultural de Rábade

Datas: 2 de decembro do 2021

Horario: de 17.00 a 18.30

Inscricións: prevenciondrogas@rabade.org

obradoiro familias

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es