Dende o servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organizase un obradoiro dirixido a nais e pais para abordar a temática da educación emocional e sexual. O obradoiro será impartido por persoal do Centro Quérote+ de Lugo. A actividade terá lugar o 2/12/2021 de 17.00 a 18.30 no Centro Sociocultural de Rábade. é preciso inscribirse enviando os datos ao mail: prevenciondrogas@rabade.org.
Este obradoiro ten os seguintes obxectivos
- Crear un espazo seguro para poder falar das dúbidas, preocupacións e dificultades dacrianza sensentimentos de culpa ouxuízos de valor.
- Dotar de coñecementos básicos para a educación sexual
- Construción de ferramentas que axuden na xestión diaria da educación dos fillos e fillas
Lugar de celebración:Centro Sociocultural de Rábade
Datas: 2 de decembro do 2021
Horario: de 17.00 a 18.30
Inscricións: prevenciondrogas@rabade.org