O Concello organiza para Nadal un amplo e variado programa de actividades para tódalas idades.
Campamento HoHoLandia, Recheo de Nadal, Obradoiro de Poesía, Campamento Medioambiental, Obradoiro de narración Oral, Concerto e proxección dun video polo X Aniversario da Banda de Música e Cabalgata de Reis.
As actividades son gratuitas e con límite de prazas.
Inscricións e máis info na Área de Cultura e Deporte do Concello (982 39 00 62)