Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

PROGRAMA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA

O servizo de prevención de condutas adictivas  da agrupación de Concellos de Begonte, Castrode Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un ano mais un Programa de Deshabituación Tabáquica paraaquelas persoas que están interesadas en deixar de fumar. 

Durante o proceso de deshabituación tabáquica ofréceseapoio terapéutico ao longo de 7 sesións grupais continuadas, unha á semana,para lograr o obxectivo de deixar atrás o tabaco. As sesións serán impartidas através de persoal da sede de Lugo da Asociación Española Contra o Cancro.

curso tabaco

CONDICIÓNS PARA A INSCRICIÓN

1.  Residirnalgún dos concellos da agrupación Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro deRei e Rábade.

2. Terinterese en deixar de fumar.

PREINSCRICIÓN (Ata o 4 de marzo 2022 )

- Enviandodatos persoais e de contacto ao mail: prevenciondrogas@rabade.org

NOTA

- O lugar,horario e número de grupos fixarase en función das inscricións recibidas encada concello da agrupación.

- O programaestá previsto para realizar nos meses de marzo e abril de 2022 ( 7 sesións).

+ INFO

Servizo de prevención de condutas adictivas da agrupaciónde concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de rei e Rábade.

MAIL: prevenciondrogas@rabade.org

TELÉFONO: 982390062 ( Maria Barreiro)

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es