Fondo cabecera Concello de Rábade
Inicio » Novas

Novas

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER "RÁBADE EN IGUALDADE"

Dende o Concello de Rábade apóstase por traballar na promoción da igualdade dentro da comunidade.Principalmente  traballando dende a sensibilización , a información e a prevención para crear conciencia dos beneficios de apostar por unha sociedade máis igualitaria e polo tanto máis xusta.

Este ano 2022, e dentro das actividades enmarcada no 8 de marzo: Día Internacional da muller levaranse acabo unha serie de actividades que teñen como finalidade promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, nenas e nenos.

8M 2022

A continuación describimos asactividades a realizar:

EXPOSICIÓN "A VIOLENCIA DE XÉNERO DILLE NON!do 4 ao 17 febreiro instalouse no IESRIO MIÑO unha exposición gráfica ilustrada dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións. Actuación da Secretaría Xeral de Igualdade.

- ROCKEAMOS TODAS CON PAKOLASo 9 DE MARZO 2022 e dirixido a todo o alumnado do CEIP OTEROPEDRAYO realizaráse o espectáculo musical de Rockeamos todas con Pakolas no que as protagonitas son Elas:nenas, nais,inventoras, heroínas, doutoras, figuras femininas que tratan de poner en valora importancia de vivir en igualdade, de historias contadoras de superación de desigualdades e do loita polo respecto e a liberdade .Esta actividade está financiada a través do Pacto do Estado Contra a Violencia de Xénero.

- OBRADOIRO MULLER E SAÚDEo 10 DE MARZO 2022 de 16.30 A 20.00 terá lugar no CENTRO SOCIOCULTURAL de Rábade un obradoiro dirixido especialmente ás mulleres para abordar o seu benestar ofrecendo información que permita mellorar e manter a súa saúde (menopausa,osteoporose, xinecoloxía, etc). O obradoiro será impartido por persoal da Escola Galega de Saúde.

- OBRADOIROS DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE E APORTACIÓN DE LIBROS COEDUCATIVOS na semana do 30 de marzo realizaranse no CEIP OTERO PEDRAYO obradoiros de promoción da igualdade dirixidos ao alumnado de infantil e primaria onde se abordarán a través dos contos e os xogos os estereotipos e roles de xénero existentes ainda na sociedade, así como a corresponsabilidade; estes obradoiros serán levados a cabo por Noelia Darriba educadora social da cooperativa Atalaia social. A estas actividades súmase a aportación por parte do Concello de libros coeducativos ao centro co fin de dar continuidade no centro a esta labor educativa. Estas actividades están financiadas a través Pacto do Estado Contra a Violencia de Xénero)

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es