Fondo cabecera Concello de Rábade
Inicio » Novas

Novas

ESCOLAS DEPORTIVAS 2022-23

 Dende o Concello, un ano máis iniciamos as Escolas Deportivas para este curso 2022/2023 co obxectivo de impulsar a práctica do deporte como hábito de vida saudable e fomentar a socialización e as relacións entre as nenas, nenos e adultos.

As inscricións pódense facer  do 6 ao 30 de setembro na Área de Cultura e Deporte do Concello en horario de 9:00h a 14:00h (Tlfno 982 390 062. Ext:2) ou descargar a inscrición e unha vez cumprimentada pódese enviar a asociocultural@rabade.org.

ESCOLAS 2022

Este ano ofértanse os seguintes deportes, esperando que sexan do agrado de todas e todos.

Escola de nenas e nenos:

  • Ximnasia Rítmica
  • Tenis de mesa
  • Atletismo
  • Patinaxe
  • Rugby
  • Xadrez
  • Tenis
  • Judo
  • Baloncesto
  • Fútbol-Sala
  • Loita Olímpica
  • Balonmán
  • Zumba Infantil
  • Voleibol

Escola de adultos:

  • Zumba
  • Tenis de mesa
  • Atletismo
  • Patinaxe
  • Ioga
  • Xadrez
  • Tenis
  • Pilates
  • Defensa Persoal
  • Fútbol-Sala
  • Ximnasia de Rehabilitación

¡MÓVETE EN RÁBADE!

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es