Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidad

TEATRO "PÍNCONÚS"

O sábado 24 de setembro ás 19:00h no Centro Sociocultural será representada a Obra de Teatro  "PÍNCONÚS" con Ana Carreira, Carlos Coira, Carlos Rebolo e Marga Portomeñe. Dirixidos por José Campanari e coa música de Piti Sanz.


Para público Familiar. Entrada gratuita

Esta obra está dentro do Programa "Circuíto de Teatro Profesional 2022" da Deputación de Lugo.

ANÍMATE e....... VEN GOZAR CO TEATRO!!!

PINCONÚS

Sinopse:

Un día calquera na estación de tren de Aquimesmo.
Unha billeteira que ven e que vai.
Un viaxeiro decidido a deixalo todo para chegar ao seu novo lugar de traballo.
As indecisións dun viaxeiro que non sabe moi ben a onde ir.
As estratexias dunha viaxeira que quere ser a única que colla o tren.
O humor e a música xúntanse na escena para xogar unha espera de absurdos encontros e desencontros.
Todo isto para chegar a ese lugar ao que todos queren ir, pero moi pouca xente se atreve, chamado PÍNCONÚS.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es